Cargando....
Concello de Lugo
12/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

A próxima visita do plan turístico Terras da Auga e Cultura visita as parroquias de o Alto e o Burgo en Lugo


# Mércores, 25/09/2013
Os interesados poderán inscribirse ata o sábado 28 ás 14.00 horas na Oficina Municipal de Lugo e no 010

A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, informa que está aberto o prazo de inscrición ata as 14:00 horas do sábado 28 de setembro para participar nunha nova visita turística organizada dentro de "Terras de Auga e Cultura", un programa de promoción turística da zona rural de Lugo, O Corgo e Rábade. Esta nova actividade terá lugar o próximo domingo 29 de setembro e visitarán as parroquias de o Alto e o Burgo no Concello de Lugo.

Os participantes realizarán unha visita aos núcleos de Seoane, Vilaestévez e Abelairas no Alto e percorrerán un tramo do Camiño Primitivo ata a parroquia do Burgo. O xantar será en As Searas, e posteriormente farase unha visita poilo Burgo, a igrexa e a capela de San Bartolomeu.

A saída é ás 10:30 horas da zona peonil da Ronda da Muralla (altura Porta de Bispo Aguirre) e volta sobre ás 18:30 horas. Recoméndase o uso de roupa e calzado cómodo para camiñar. Non son traxectos duros nin longos, polo que está recomendado para todos os públicos. Pódese levar comida e bebidas propias.

Son visitas gratuítas e para a deste domingo, os interesados poden inscribirse ata as 14:00 horas do sábado 28 de setembro a través do 010 (982 297 350 para chamadas de fóra de Lugo) ou na Oficina Municipal de Turismo (982 251 658).


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova