Cargando....
Concello de Lugo
26/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Un grupo da Unidade Militar de Emerxencias recolle datos técnicos da cidade de Lugo para usalos no simulacros de emerxencias do próximo ano


# Mércores, 25/09/2013
Estiveron reunidos con técnicos municipais que lles achegaron información das redes de distribucion da cidade e da situación de cada un dos barrios

Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu esta mañá a unha representación da Unidade Militar de Emerxencias que viñeron a Lugo para recabar información técnica sobre a cidade para empregalo nun exercizo de emerxencia a nivel nacional.

Desta maneira, mantiveron unha reunión con técnicos municipais para requerir información sobre as diferentes redes de auga, electricidade, gas e outras e sobre a poboación e distribución dos barrios e distritos da cidade.

Esta información será a que empreguen para realizar o próximo ano un exercizo a nivel nacional en Valencia sobre unha emerxencia derivada dunha catástrofe natural, similar á que se desenvolveu en abril deste ano en Segovia.

Así, o exercizo que físicamente se desenvolverá en Valencia terá como plano técnico de redes e de distribución o da cidade de Lugo e coa información de planos que se lles suministrou hoxe poden traballar na preparación e ambientación de dita proba.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova