Imprimir

UN GRUPO DA UNIDADE MILITAR DE EMERXENCIAS RECOLLE DATOS TÉCNICOS DA CIDADE DE LUGO PARA USALOS NO SIMULACROS DE EMERXENCIAS DO PRÓXIMO ANO


25/9/2013 Estiveron reunidos con técnicos municipais que lles achegaron información das redes de distribucion da cidade e da situación de cada un dos barrios

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu esta mañá a unha representación da Unidade Militar de Emerxencias que viñeron a Lugo para recabar información técnica sobre a cidade para empregalo nun exercizo de emerxencia a nivel nacional.


Desta maneira, mantiveron unha reunión con técnicos municipais para requerir información sobre as diferentes redes de auga, electricidade, gas e outras e sobre a poboación e distribución dos barrios e distritos da cidade.

Esta información será a que empreguen para realizar o próximo ano un exercizo a nivel nacional en Valencia sobre unha emerxencia derivada dunha catástrofe natural, similar á que se desenvolveu en abril deste ano en Segovia.

Así, o exercizo que físicamente se desenvolverá en Valencia terá como plano técnico de redes e de distribución o da cidade de Lugo e coa información de planos que se lles suministrou hoxe poden traballar na preparación e ambientación de dita proba.