Imprimir

LUIS ÁLVAREZ INVITA AO PP A DECIR PUBLICAMENTE SE O QUE QUEREN É UNHA ESTÉTICA URBANA DE FORMIGÓN, FAROLAS E TOXOS PARA A CIDADE


25/9/2013 “Os populares xa que están tan preocupados pola cidade deberían pedir explicacións á Fomento sobre a retirada da partida para humanización do Agro do Rolo” segundo o Voceiro do Goberno

O Voceiro do Goberno Local e Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente, Luis Álvarez, invitou aos membros do grupo municipal do PP a decir públicamente que tipo de estética queren para a cidade de Lugo xa que “apostan polo modelo formigón, farolas e toxos” ao recriminar o contrato de mantemento de zonas verdes da cidade.


Luis Álvarez sinalou que “a señora Devesa deberá explicar aos lucenses porque non temos o dereito de ter unhas boas vías de acceso á cidade coa debida estética, ornato e mantemento” explicando que “eu cando entro nunha cidade, gústame que teña uns accesos como os que temos agora e non como os que había antes e para conseguilo hai que pagalo”.

O responsable da área de Medio Ambiente, lembrou que no convenio asinado co Ministerio de Fomento acordouse que, unha vez creados as novas zonas verdes, o Concello debería facerse cargo do seu mantemento como pasa en todas as cidades.  Neste sentido, sinalou que “o que tiñan que facer os do Partido Popular é pedirlles explicacións aos seus amigos de Fomento pola retirada da partida orzamentaria que concederan para a humanización da praza do Agro do Rolo xa que están tan preocupados pola cidade”.