Cargando....
Concello de Lugo
16/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Xunta de Goberno Local desestima a aplicación de beneficios fiscais para a licenza de acondicionamento do novo edificio da UNED


# Mércores, 25/09/2013
Tamén se aprobou a demolición de varios edificios que están en ruína  na Estrada Vella de Santiago

Imaxe Asociada
Na Xunta de Goberno Local celebrada esta mañá aprobouse desestimar a solicitude no que se insta a aplicación de beneficios fiscais pola solicitude da licenza urbanística para acondicionamento do edificio para o novo centro asociado da UNED ao non proceder a aplicación de beneficios fiscais na Taxa pola prestación de servizos urbanísticos e no Imposto sobre construcións, instalacións e obras, xa que non se establecen ningunha exención. 

Sobre este acordo, o Voceiro do Goberno Local, salientou que “o  Concello non aplica ningún tipo de exención ou mellora senón se axusta ao dereito que establezan as diferentes leis ou ordenanzas sexa que sexa o solicitante”.

Segundo informou, Luis Álvarez, tamén se aprobou a licenza de demolición para catro edificacións situadas na Estrada Vella de Santiago e que se atopan en estado de abandono polo que “con esta actuación axúdase a mellorar a estética da cidade”.

Outro dos asuntos aprobados foi a autorización de uso en precario á Asociación Cultural Praza das Illas do módulo instalado e denominado “Agro de Montiron” en horario de 10 a 21 horas todos os días da semana.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova