Imprimir

O CONCELLO DE LUGO SÚMASE Á CELEBRACIÓN DO DÍA EUROPEO DAS LÍNGUAS CON ACTIVIDADES DESTINADAS ESPECIALMENTE ÓS NENOS E NENAS


26/9/2013 O Concello de Lugo súmase á celebración do Día Europeo das Línguas con actividades destinadas especialmente ós nenos e nenas

O Concello de Lugo súmase á celebración do Día Europeo das Línguas con actividades destinadas especialmente ós nenos e nenas



O Alcalde, José López Orozco, e a Concelleira de Educación, Formación e Orientación laboral, Esther Muñoz, participaron esta mañá nos actos organizados polo Concello, a través do Centro de información europea Europa Directo Lugo, para conmemorar o Día Europeo das Línguas.

O Alcalde destacou que o Concello organiza estas actividades, especialmente destinadas ós pequenos, para que os lucenses sexamos coñecedores e respetuosos coa gran riqueza que supoñen as distintas línguas que se falan Europa, porque as línguas son a expresión cultural máis importante dun pobo.
 
Pola súa parte, a Concelleira de Educación explicou que durante esta xornada, o Concello organiza unha xornada escpecialmente adicada ós máis pequenos para concienciar a poboación infantil no valor do plurilingüismo. Para elo instalouse diante do Concello unha mesa informativa e tamén haberá obradoiros e actividades para que os nenos e nenas se acheguen ós distintos idiomas dun xeito lúdico.

As actividades, co título xenérico de “Un viaxe a través das línguas de Europa”, celébrande na Praza Maior, de 11 a 14 horas e de 16.30 a 20.30 horas. Os pequenos poderán participar nunha simulación dunha viaxe no tren na que irán facendo paradas en distintos países de Europa.