Cargando....
Concello de Lugo
23/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Concelleira Carmen Basadre e o produtor Eloi Caldeiro presentaron o cd Sons Lucus Records que recollen temas de 10 grupos de música de Lugo


# Xoves, 26/09/2013
Trátase dunha colaboración entre Concello e produtora para promocionar a música lucense e celebrar os 25 anos de Sons Galiza

Imaxe Asociada
A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, e o produtor musical, Eloy Caldeiro, presentaron o traballo musical Sons Lucus Records que recolle temas de dez grupos ou artistas de Lugo que están comezando.

Carmen Basadre sinalou que se trata dunha colaboración entre a produtora musical e o Concello para dar unha oportunidade e promocionar a grupos de Lugo que aínda non tiñan nada grabado. “Estes cd vanse repartir gratuitamente aos grupos para que eles o teñan de recordo ademais de que tamén, dende o Concello, se vai a enviar a diferentes lugares como medios de comunicación e produtoras para a promoción destes grupos” segundo Basadre.

Pola súa parte, Eloi Caldeiro, explicou que “queriamos facer algo diferente no 25 aniversario de Sons Galiza Música e o resultado é este traballo no que se mesturan ritmos rock e pop coa música tradicional pero organizado de tal maneira que non resulten violentos os cambios de ritmo”. Ademais deu a coñecer dúas datas nas que estes 10 grupos farán concertos na cidade, un será o sábado 28 de setembro e outro o 19 de outubro ambos na Praza de Santa María.

Neste compact disc participaron os grupos El cuarto pasajero, Estramonio, Galiryon, Mythicall Fail, Ripper Ground, Vrásica, En clave de fado, Kike Ganso, Arrincadeira Folk e Sarabela Folk.
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova