Imprimir

HOXE INAUGÚRASE UNHA NOVA INSTALACIÓN DE DEBUXOS DA ARTISTA SHUI LÓNG XUI BÀO QUE SE PODERÁ VER DENTRO DOS PROXECTOS MIHL


26/9/2013

A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Língua, dirixida por Carmen Basadre, inaugura esta tarde unha nova actividade dentro dos Proxectos MIHL. 


Trátase dunha instalación da artista Shuĭ Lóng Xuĕ Bào, titulada “Des Enfants Source”, que vai estar situada durante os dous próximos meses na sala circular chamada biblioteca do MIHL.

Esta obra contén sangue e sorrisos sen atender a nada diferente dunha liberdade salvaxe pero incansablemente traballadora, segundo a súa autora.