Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Máis de 30 actividades deportivas terán lugar durante o San Froilán


# Venres, 27/09/2013
Díaz Grandío manifestou que o 90% de todos os torneos foron creados dende o goberno de López Orozco que “sempre apoio o deporte”

Máis de 30 actividades deportivas terán lugar durante o San Froilán

Díaz Grandío manifestou que o 90% de todos os torneos foron creados dende o goberno de López Orozco que “sempre apoio o deporte”

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, presentou hoxe o programa de actividades deportivas que haberá durante o San Froilán na cidade e que comezan esta fin de semana co IV Trofeo Sna Froilán Cidade de Lugo de Tenis de Mesa. O domingo, día 29 de setembro, terá lugar a XIV Marcha cicloturista BTT que sairá da Piscina municipal de As Pedreiras ás 10.00 e ten prevista a chegada para as 13.30.

Díaz Grandío, explicou que “o deporte sempre formou parte do San Froilán e este ano están programadas 30 actividades deportivas e 25 modalidade diferentes de deporte” das que destacou que “o 90% delas foron creadas dende que López Orozco goberna na cidade”.

XIV Marcha Cicloturista BTT “San Froilán”

O responsable da área de deportes tamén informou da tradicional Marcha Cicloturista BTT San Froilán organizado polo Clube Ciclista Correcamiños Lugo e no que colabora o Concello e que celebran a súa decimocuarta edición. O éxito de asistencia repítese este ano xa que as 200 prazas que había para participar agotáronse en pouco máis dunha semana. A ruta comezará ás 09:00 dende a Piscina Municipal de As Pedreiras, e os participantes percorrerán 47 km por camiños e sendeiros do Concello de Lugo. A partir das 08:00 horas xa se poderán recoller os dorsais, e ao finalizar a proba terá lugar unha comida no restaurante Jorge I, onde non faltará o polbo.
 
Gran Premio ciclista San Froilán

Este domingo a partir das 11.00 horas tamén se celebrará na Avenida de Ramón Ferreiro o Gran Premio Ciclista San Froilán 2013 para as categorías junior, cadetes, alevíns, infantis e principiantes. Agárdase unha participación de 200 ciclistas de todos os clubes galegos.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova