Cargando....
Concello de Lugo
06/12/21
NOVAS
Escoita esta páxina

Lugo figura entre as cidades co IBI e o Imposto de Vehículos máis baratos de España


# Venres, 27/09/2013
O Partido Popular pide ó Concello a baixada dun imposto que sobe o Goberno de Rajoy e dá información falsa do que cobra A Coruña polo imposto de vehículos

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
Lugo figura entre as cidades co IBI e o Imposto de Vehículos máis baratos de España

O Partido Popular pide ó Concello a baixada dun imposto que sobe o Goberno de Rajoy e dá información falsa do que cobra A Coruña polo imposto de vehículos

A Concelleira de Economía insta á Jaime Castiñeira a rectificar as mentiras e erros do PP sobre os impostos en proba de respecto ós cidadáns de Lugo


A Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, deixou hoxe en evidencia as últimas mentiras do Partido Popular e advertiullle a Jaime Castiñeira que “mentir en política, igual que no resto da vida, non sae gratis”.

Sonia Méndez destacou que “en menos de quince días Jaime Castiñeira mentiu ou meteu a pata e fixo o ridículo dúas veces”.

“Primeiro pediu que o Concello faga o que Rajoy nos prohibe, reclamou que rebaixemos o IBI, e agora dí que temos o imposto de vehículos dos máis caros de Galicia cando é xusto ó revés”, manifestou Sonia Méndez.

Ademais de lembrarlle de novo a Castiñeira o que todo mundo sabe, que é o Goberno de Rajoy quen obrigou ós concellos a subir o IBI, a Concelleira de Economía salientou que “igual que o billete do bus ou a tarifa da auga, o IBI e o Imposto de Vehículos no Concello de Lugo están por debaixo da media tanto de Galicia como de España”.

A Concelleira de Economía tamén chamou a atención sobre a “asombrosa” paradoxa que supón que “o partido que sobe o IBI, o partido que sobe o IVE, o partido que baixa as pensións, o partido que cobra os comedores escolares e o mesmo partido que cobra o tratamento ós doentes de cancro, e non sigo por non cansalos, pida en Lugo, onde o Concello mantén conxelados impostos e taxas, unha baixada de impostos”.

Sétimo IBI máis barato de España

Méndez explicou que Lugo ten o sétimo IBI máis barato das 52 capitais españolas, dacordo co único ranking tributario oficial que hai en España, “e espero que Castiñeira non sospeite de Ana Botella, xa que estou falando do ranking tributario da Axencia Tributaria do Concello de Madrid”.

“Antes fixo o ridículo pedindo que baixemos o IBI cando Rajoy nos obriga a manter a suba, por terceiro ano consecutivo, e cando aínda esperamos unha rectificación, agora volveu cometer outro importante erro, non sei se por desgana ou por estár moi ocupado en Santiago”, manifestou a Concelleira de Economía.

Novo ridículo co Imposto de Vehículos

“Se lera os papeis completos evitaría facer o ridículo de novo, por segunda vez consecutiva en quince días”, sinalou Sonia Méndez porque “tampouco é certo que o importe do Imposto de Vehículos da Coruña sexa a metade do que temos en Lugo, na Coruña non son 34 euros senón  60,8 euros no tramo do que el falaba, de 8 a 11,99 cabalos fiscais”.

A explicación deste novo erro do Partido Popular sería, segundo a Concelleira de Economía  que “empezou a ler a Ordenanza fiscal da Coruña e cansouse antes de acabar, así que non leu o que dí a disposición adicional primeira da mesma”.

Méndez aclarou que “é falso tamén que en Lugo teñamos o Imposto de Vehículos dos máis caros de Galicia e España, xa que figura no decimosétimo posto máis barato de España, e témolo doce euros máis barato da media do importe que se paga nas cidades de Galicia”.

A Concelleira de Economía rematou instando a Jaime Castiñeira a pedir disculpas ós cidadáns e ós medios de comunicación de Lugo pola falta de respecto que supón dar información falsa, neste caso sobre os impostos que se pagan na nosa cidade.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova