Imprimir

A PRAZA DE ABASTOS ACOLLE A PRIMEIRA EXPOSICIÓN DE BONECAS ATAVIADAS CON TRAXES TRADICIONAIS GALEGOS


30/9/2013

O Concelleiro de Servizos Xerais e Participación Cidadá, Manuel Núñez e a Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira, participaron na inauguración da I Exposición de Bonecas ataviadas co Traxe Galego e que se pode ver na Praza de Abastos de Lugo ata mediados do mes de outubro.

Trátase dunha exposición na que bonecas de diferentes tamaños van vestidas con roupa tradicional galega elaboradas todas por Pilar Arias que forma parte da Asociación Cultural de O Feitizo de Foz, dedicada á recuperación da música e baile tradicional galego. Esta mostra está composta por réplicas en miniatura de varios traxes de gala, roupa de faena, e roupa interior, empregados no baile galego e púxose en marcha como XXXV aniversariop da Asociación.

A iniciativa xurdiu da colaboración entre os praceiros e praceiras coa propia Asociación para dar a coñecer o valor cultural galego pero tamén como unha actividade máis para a dinamización da Praza de Abastos.