Cargando....
Concello de Lugo
26/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo recibe máis de 214.000 euros de remanentes para adicarllo ao programa Lugo Emprego Activo


# Luns, 30/09/2013


Imaxe Asociada
Esther Muñóz salientou que “este é un gratificación para nós xa que significa que valoran positivamente as accións formativas que levamos a cabo”


A Concelleira de Educación, Formación e Orientación Laboral, Esther Muñóz, informou esta mañá que o programa Lugo Emprego Activo conta con 214.300 euros máis no seu presuposto “grazas ao bo facer do Concello de Lugo nas súas políticas de formación”.

Esta nova aportación débese ao reparto de remanentes das axudas non executadas e cofinanciadas con cargo ao Fondo Social Europeo e que o Estado distribúe a proxectos de diferentes entidades públicas que desenvolvan programas formativos con bós resultados.

Esther Muñóz sinalou que o programa Lugo Emprego Activo conta con 214.300 euros máis, de maneira que o presuposto total pasa a ser de 1.502.192 euros. “Síntome moi orgullosa porque esto é un respaldo claro ao traballo que desenvolvemos e seguiremos traballando nas diferentes accións formativas para que as persoas desempregadas poidan ter coñecementos especializados” segundo declarou Muñóz. Este cantidade está destinada exclusivamente a realizar accións formativas contempladas no proxecto inicial ou ben crear novas edicións dos itinerarios do proxecto en execución.

Neste sentido, tamén informou que “grazas a esta nova achega podemos ampliar o programa Lugo Emprego Activo 2 de abril de 2015 a setembro de 2015 con novos cursos de formación que poden chegar ”.  Desta maneira, o programa Lugo Emprego Activo pasa a ter un presuposto final de 1.502.192 euros, dos que o 80% está financiados polo Fondo Social Europeo.

O programa Lugo Emprego Activo 2 é un proxecto europeo de inserción sociolaboral que ten unha duración de 36 meses, conta con 28 itinerarios diferentes, dos que se beneficiarán máis de 400 persoas.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova