Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Concello e E.On asinan un convenio de colaboración para as festas do San Froilán


# Martes, 01/10/2013
A compañía eléctrica aporta a cantidade de 30.000 euros e porá unha carpa sobre coñecemento medioambiental

Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Director Xerente de Begasa, Luis García Santalla, asinaron esta mañá un convenio de colaboración polo que a compañía E.On aporta a cantidade de 30.000 euros para as festas do San Froilán.

Desta maneira, o Concello nomeará o escenario principal situado na Praza Horta do Seminario e onde actuarán grupos nacionais e internacionais como Escenario E.On e ademais, a compañía eléctrica, tamén volverá a organizar o concurso de debuxos para nenos na carpa temática do programa didáctico Campeóns Medioambientais que estará situada a carón da Casa do Concello.

López Orozco explicou que “ E.On non é alleo a realidade social que vive Lugo entre o 4 e o 12 de outubro e, non é alleo, porque é un veciño máis” ademais quixo agradecer a aportación que fan para as festas xa que ”estamos en tempos difíciles e a pesar diso sabe que estas datas son moi importantes para a cidade e para todos os que nos visitan”.

Pola súa parte, García Santalla, explicou que “E.ON síntese comprometida coa provincia e que supón un motivo de orgullo para a compañía poder patrocinar un acontecemento tan importante como o San Froilán e poder acompañar aos lucenses nunha data tan sinalada”.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova