Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo iniciou a retirada de todos os materiais do asentamento chabolista de Paradai


# Mércores, 02/10/2013
A Xunta de Goberno Local aprobou as bases da convocatoria pública para a autorización de uso en precario de locais na Casa Clara Campoamor

Imaxe Asociada
O Voceiro do Goberno Local e Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente, Luis Álvarez, informou dos asuntos aprobados na Xunta de Goberno Local celebrada esta mañá e no que destacou a aprobación das bases para a apertura da convocatoria pública para participar no procedemento de autorización de uso en precario de locais na Casa Clara Campoamor.

Este equipamento, adscrito a Area de Benestar Social e Igualdade, conta con oito locais susceptibles de ser utilizados por asociacións para desenvolver os seus programas e cun local destinado a uso de ximnasio. Poderán acceder á presente convocatoria todas as asociacións que desenvolvan a súa actividade no eido dos servizos sociais e, entre outros requisitos esixidos na convocatoria, acrediten a necesidade de utilizar un local por carecer dun espazo axeitado para desenvolver os seus programas, estén inscritas no rexistro municipal de asociacións e que conten cunha experiencia mínima de 2 anos no Concello de Lugo.

Terán preferencia de acceso ó uso dos locais aquelas asociacións que teñan entre as súas persoas asociadas a persoas con discapacidade e asociacións que desenvolvan programas dirixidos a persoas coa enfermidade de alzheimer. O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días hábiles a contar dende a publicación do anuncio no BOP.

Desaloxo poboado Paradai

O Voceiro do Goberno Local tamén infomou que no dia de hoxe se iniciou a retirada de todos os materiais do asentamento rumano situado na parte traseira da antiga chocolateria no barrio de Paradai. Luis Alvarez explicou que “onte se recibiu un informe da Policia Local no que se acredita que o campamento está abandonado e hoxe enviouse persoal para iniciar a limpeza desa zona”. Para iso, desplazáronse un camión e unha excavadora municipal ademais de persoal da empresa do servizo de limpeza para retirar os materiais de forma selectiva e trasladalas ao punto limpo.

O responsable da área de Urbanismo explicou que esta actuación se comunicou á Suplusa, como titular dese polígono e presidente da Xunta de Compensación, xa que se trata “dunha cuestión de interese tanto para o barrio como para o resto da cidade”.


Fonte do Rei

O Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente tamén informou da posta en marcha da Fonte do Rei, que se someteu a obras de restauración para solventar as fisuras do vaso da fonte. “Desta maneira, a fonte estará lista durante as festas do San Froilán e tamén se aproveitará para realizar o as probas de estanqueidade e impermeabilidade” segundo explicou Álvarez. As obras de rehabilitación e impermeabilización tiveron un presuposto de 54.000 euros.
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova