Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello apoia a iniciativa lexislativa popular que reclama para Lugo os servizos de Radioterapia, Medicina Nuclear e Hemodinamica


# Xoves, 03/10/2013


Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O Concello de Lugo reiterou hoxe o seu apoio á reivindicación cidadá que reclama para Lugo a creación dos servizos de Radioterapia, Medicina Nuclear e Hemodinámica 24 horas, desta volta dandolle o seu respaldo á iniciativa lexislativa popular impulsada por distintos colectivos cidadáns para reclamarlle á Xunta a creación en Lugo destes servizos no Hospital Universitario Lucus Augusti.

O Alcalde accidental, Luis Álvarez, e a Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira, entre outros membros do Goberno local, estamparon esta mañá as súas sinaturas en apoio desta campaña que arrancou hoxe.

Os promotores da campaña teñen instalada unha mesa para recoller as sinaturas diante da Casa do Concello, onde se presentou a iniciativa.

Nesta campaña, que durará tres meses, plantéxase o obxectivo de xuntar alomenos as 15.000 firmas necesarias para levar ó Parlamento galego a iniciativa lexislativa popular e que a Cámara autonómica debata e se pronuncie sobre a reivindicación da nosa cidade de dotar ó HULA duns servizos médicos cos que sí contan os hospitais do resto das provincias galegas.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova