Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde reclama un estatuto de policías locais que deixe claras as competencias deste corpo


# Xoves, 03/10/2013
López Orozco participa en Badaxoz nunha Xornada sobre coordinación das forzas de seguridade, organizada pola Femp e a Garda Civil 

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, participou hoxe nas XVI Xornadas de Colaboración e Coordinación da Guardia Civil co resto das Policías, organizadas pola Federación Española de Municipios e Provincias e a Dirección Xeral da Guardia Civil, que comezaron esta mañá en Badaxoz.

No acto inaugural das Xornadas, que se celebran hoxe e mañá na Escola de Policía de Extremadura,  interviron, ademais do Alcalde de Lugo, que tamén é Presidente da Comisión de Seguridade e Convivencia da Femp, o Director Xeral da Garda Civil, o Conselleiro de Réxime Interior do Goberno de Extremadura, o Delegado do Goberno en Extremadura, e o primeiro tenente de alcalde de Badaxoz.

O Alcalde de Lugo explicou a importancia da cooperacion entre as distintas administracións e forzas de seguridade, que se dá no marco das Xuntas Locais de Seguridade, e engadiu a necesidade de marcar as directrices políticas desas xuntas locais e do traballo que desenvolven as comisión técnicas que desenvolven as devanditas directrices.

Falou tamén da necesidade da elaboración dun estatuto ou lei de policías locais que coordine as distintas normativas autonómicas, para recoller de xeito claro as competencias propias da Policía Local, co obxectivo de evitar competencias impropias que gravan dun modo negativo as economías municipais.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova