Imprimir

O VENRES 11 E SÁBADO 12 TERÁN LUGAR OS FESTIVAIS DE MÚSICA VIII SANFROIDANCE & III TENTACLE


3/10/2013 Máis do sesenta por cento dos grupos son da cidade e entre eles actuará o artista francés Pascal Kleiman

A Concellira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, e Álvaro Pardo, membro da organización presentaron a oitva edición do festival de música Sanfroidance que se celebra o día 11 de outubro e o III Tentacle (Electronic Music Festival) que terá lugar o sábado 12 de outubro, ambos no patio do edificio de Servizos Xerais do Concello de Lugo.

Carmen Basadre destacou a importancia que vai collendo este festival e que “este ano contan coa presenza dun músico especial e moi coñecido, ademais de gañador dun premio Goya, como é Pascal Kleiman”.

Pola súa parte, Álvaro Pardo, sinalou que o programa está composto nun 85% por grupos galegos e dos que destaca que máis da metade son músicos da cidade “xa que tamén é unha oportunidade importante para os de Lugo”.

Neste festival sonarán estilos como o funk, soul, jazz, reggea, dancehall, rap, disco, break, electro swing e algún mashup. Ademais este ano incorporanse actividades de skate, BMX, breakdance, actividades infantis ou conferencias entre otras. Así dende as 16 e ata as 02 horas actuarán La sartén por el mambo, 2Manou, Nashari Sound, Garcia MC, Dj Mil, Charlie Tzara, Apolitics, Saturn´s Children, Dj Limbo e Judah.

III Tentacle

O sábado 12 será o día do Tentacle, un festival de música electrónica que se desenvolverá entre as 16 e as 02 horas. Trátase do irmán pequeño do Sanfroidance, organizado polas promotoras Triple B e Trasnosound Events, e que está centrado na cultura urbana e música electrónica. Será este día cando actúe o cabeza de cartel, o francés Dj Pascal Kleiman, un artista que pincha cos pés xa que naceu sen brazos e que gañou un premio Goya polo documental Héroes, no hacen falta alas para volar.
Ademais tamén actuarán VAN' EM, Tito, Diego Sanjurjo & Jandro Alvez, Juan Chousa, Diego Gonzalez, Israel Alonso, Dj Ino, Alex Vázquez e VDJ  Mosk.

O Venres 11 de outubro no auditorio do Colexio San Jose FEC a partir das 12:00h proxectarase a película "Héroes, no hacen falta alas para volar", protagonizada por Pascal Kleiman e dirixida por Angel Loza, gañadora dun premio Goya. Acto seguido, Pascal Kleiman responderá ofrecerá una charla conferencia para todo aquel que queira coñecer a súa historia de superación persoal.