Cargando....
Concello de Lugo
12/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo acabou o primeiro semestre do ano con 9 millóns de euros de superávit


# Xoves, 03/10/2013
Sonia Méndez destaca  que o Concello segue a facer economías que lle permitan dispor de aforros para investir na atención ás persoas que teñen máis necesidades

Imaxe Asociada
A Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, anunciou hoxe que o Concello acabou a primeira metade do ano cun superávit de 9 millóns de euros.

Méndez deu conta ós medios de comunicación dos asuntos tratados esta mañá na Comisión especial de contas e ordinaria de Economía, Emprendemento, Autónomos e Educación, na que se rendiu contas da execución orzamentaria no segundo trimestre do ano.

Segundo explicou a Concelleira, ó remate do mes de xuño os ingresos do Concello de Lugo sumaban 47 millóns de euros e os gastos 36 millóns, o que significa que a administración local acabou o primeiro semestre do ano con 9 millóns de euros de superávit.

“Un ano máis, conseguimos ter máis ingresos que gastos, así que as nosas contas están equilibradas e no Concello de Lugo,  logramos non entrar en números vermellos, a diferencia do que lles pasa a outras administracións”, explicou Sonia Méndez.

En todo caso, Méndez advertiu que iso “non significa que nos vaiamos permitir alegrías, senón que o que aforramos é para adicalo ó máis importante neste momento que é dar atención ás persoas que sofren maiores necesidades”. Neste sentido, lembrou que “os remanentes que tivemos este ano, produto do superávit do ano pasado, teñen un destino marcadamente social, xa que se están a destinar a axudas para emerxencia social, para alugueiro de vivendas, formación de persoas desempregadas, axudas para pequenas empresas e autónomos e para facer obras en barrios”.

Conta Xeral de 2012

Como paso previo ó Pleno do vindeiro luns, a Concellería de Economía presentou hoxe na Comisión, para a súa aprobación definitiva, a Conta Xeral de 2012 que “acabou con resultado positivo en canto á situación financieira do Concello, debido a que fixemos unha xestión eficiente, apretamos o cinto e non nos permitimos ningún tipo de alegrías”. Unha vez que sexan aprobadas definitivamente polo Pleno, someterase á fiscalización do Tribunal de Contas e do Consello de Contas.

Diminúen as facturas atrasadas

Tamén se someteu á consideración da Comisión de Contas un recoñecemento extraxudicial de crédito por importe de 215.000 euros, a maioría correspondentes a facturas do subministro eléctrico, que non foron pagadas no seu momento debido a que as empresas presentáronas fóra de prazo ou de xeito incorrecto.

En relación con este asunto, Méndez tamén salientou o éxito das medidas que puxo en marcha o Concello o ano pasado para reducir, por razóns de eficacia orzamentaria, as facturas que se abonan polo procedemento de recoñecemento de crédito.

Proba de que se conseguiu este obxectivo, explicou a Concelleira, é que se logrou unha reducción do 37%, xa que se pasou de 2.700.000 euros, no ano 2012, a 1.600.000 euros en 2013.

Destacou, tamén, que “no Concello de Lugo, temos os pagos ó día, non tivemos que recurrir a ningún crédito para o pago a proveedores, e facemos os pagos puntualmente e cada vez en menos tempo”.

Plan Urban

Por último, Sonia Méndez explicou que, na Comisión de Contas, tamén se rendiu o habitual informe das actuacións que ten en marcha o Plan Urban, como a nova ventá arqueolóxica que se está a instalar para deixar á vista o mosaico da rúa Doutor Castro.

Neste apartado, a Concelleira comunicou que a primeira fase das obras do Vello Cárcere non marcha ó ritmo previsto, debido a que unha das empresas da UTE entrou en concurso de acreedores como consecuencia dos problemas financieiros que atravesan moitas empresas do sector da construcción. Tamén sinalou que este problema solventarase en breve prazo e non causará ningún retraso na data prevista para a entrada en servizo do novo Centro cultural, que será no ano 2015, xa  que o edificio non pode quedar rematado ata que conclúa a segunda fase das obras que acaba de comezar.
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova