Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello lembra ós pregóns dos últimos 36 anos no libro da colección San Froilán dos Devanceiros


# Venres, 04/10/2013
Esta tarde preséntase o libro de Pregóns das festas do San Froilán de Lugo 1977-2012

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  

Basadre lémbranos que  “homes e mulleres que brillaron e brillan na prensa, na literatura, no cine, nas diversas facetas da vida pública, lucenses de nación, de adopción ou de afecto, deleitáronnos coa súa palabra falada que agora chega outra vez como palabra escrita” e engade que “aquí están os seus pregóns, que un día foron discurso e agora son historia, pequena historia se se quere, pero importante para nós”.

O “Libro dos pregóns das festas do San Froilán de Lugo 1977-2012” recolle os textos cos que anunciaron as festas de Lugo persoeiros como Ramón Piñeiro, Ánxel Fole, Camilo José Cela ou Xosé Trapero Pardo, entre outros. O labor de compilación e edición correu por conta de Darío Xoán Cabana e Xosé Manuel Santiso.

Segundo explicou Darío Xoán Cabana, “dos 36 pregóns destes anos 1977-2012, o libro contén os textos de 27. Os outros 9 non os puidemos conseguir aínda, e o que figura no libro son pequenas crónicas enfiadas co que os xornais dicían dos pregóns nos seguintes días, recollendo ademais todas as citas textuais posibles. Queda aberta a posibilidade doutro volume que recolla a integridade dos que aínda poidan aparecer, ademais dunha investigación sobre pregóns e discursos con función similar anteriores ó ano 1977”.


Pregóns e pregoeiros 
1977 Ramón Piñeiro TEXTO
1978 Ánxel Fole TEXTO
1979 Fernando Mon CRÓNICA
1980 Adolfo de Abel Vilela TEXTO
1981 Camilo José Cela CRÓNICA
1982 Agustín Sixto Seco CRÓNICA
1983 Francisco Otero Besteiro TEXTO
1984 Xosé Trapero Pardo CRÓNICA
1985 Luís Losada Espinosa CRÓNICA
1986 Xosé Ramón Andrade Cobas TEXTO
1987 Alfredo Conde TEXTO
1988 Fernando Ónega TEXTO
1989 Margarita Ledo Andión TEXTO
1990 Xosé de Cora Paradela CRÓNICA
1991 Arcadio López-Casanova TEXTO
1992 Ramón Villares TEXTO
1993 Rafael Martínez Cortiña CRÓNICA
1994 José María Carrascal TEXTO
1995 María José Ramudo CRÓNICA
1996 Manuel María TEXTO
1997 Paloma San Basilio TEXTO
1998 José Manuel Parada CRÓNICA
1999 Francisco Fernández del Riego TEXTO
2000 Felipe Arias Vilas TEXTO
2001 Manuel Lourenzo TEXTO
2002 María Xosé Queizán TEXTO
2003 Carlos González Reigosa TEXTO
2004 Jorge Coira TEXTO
2005 Julio Fernández Rodríguez TEXTO
2006 Susana Seivane TEXTO
2007 Marta Rivera de la Cruz TEXTO
2008 Pablo Bravo Lozano TEXTO
2009 Lois Diéguez TEXTO
2010 Paco Rivera TEXTO
2011 Paco Martín TEXTO
2012 Pilar García Negro TEXTO



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova