Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Carmen Basadre inaugura a carpa infantil E.On na que se farán actividaes


# Venres, 04/10/2013
Os interesados poderán inscribirse ata o sábado 29 ás 14.00 horas na Oficina Municipal de Lugo ou na Concellería de Cultura

Imaxe Asociada
A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, e o director xerente de Begasa e responsable de E.ON en Galicia, Luis García Santalla, inaguraron a carpa infantil que a compañía instalou na Praza Maior para promover hábitos de consumo enerxético responsable.

Carmen Basadre destacou a colaboración de E.On “non só nas festas do San Froilán senón en moitos outros actos da cidade como é o Arde Lucus ou a árbore de luces que colocan en época de Nadal”.

A carpa infantil de E.ON permanecerá aberta os días 4, 5, 6, 12 e 13 de outubre de 11:00 a 14:30 e de 16:30 a 20:30 e os días 7, 8, 9, 10 e 11 de 16:30 a 20:30 e ofrecerá aos nenos e nenas que se acheguen a posibilidade de convertirse en detectives enerxéticos e descubrir as fórmulas para empregar de maneira eficiente os recursos.
 
Según Luis García Santalla, “con este programa, E.ON volve poñer de manifiesto o interese da compañía polo desenvolvemento integral das Comunidades Autónomas nas que opera. O noso compromiso non se limita ao momento actual ni corto plazo, senon que se volca na infancia para fomentar que os consumidores enerxéticos sexan responsables e máis respetuosos co medio ambiente”.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova