Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo levará ao Pleno unha proposta para solicitar que a Ribeira Sacra sexa Patrimonio da Humanidade


# Martes, 08/10/2013
O Alcalde de Lugo deuno a coñecer esta mañá no acto de inicio de recollida de sinaturas para tal fin organizado pola Deputación de Lugo

Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, Jose López Orozco, participou esta mañá no acto de inicio de recollida de sinaturas da cidadanía a favor da candidatura da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade. No acto, presidido polo Presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, tamén estiveron presentes a Directora de Marketing de Monbus, Alba López Novoa e a Presidenta do Grupo El Progreso, Blanca García Montenegro, e os alcaldes dos concellos da zona.

López Orozco anunciou que levará unha proposta a Pleno para que todos os grupos municipais voten a favor de adherirse á promoción desta campaña xa que “sería maravilloso contar en Lugo, ademais de coa Muralla, coa zona da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade”.

Desta maneira, un autobús rotulado percorrerá Galicia e, posteriormente, a xeografía española para recabar apoios. Os municipios da Ribeira Sacra (13 de Lugo e 8 de Ourense) son os seguintes: A Pobra de Brollón, Portomarín, Taboada, Chantada, Carballedo, O Saviñao, Pantón, Sober, Monforte de Lemos, Ribas de Sil, Quiroga, Paradela e Bóveda, na provincia lucense; e A Peroxa, Nogueira de Ramuín, Parada de Sil, A Teixeira, Castro Caldelas, Xunqueira de Espadañedo, Esgos e Montederramo, en Ourense.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova