Cargando....
Concello de Lugo
12/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo entregou os premios aos gañadores do 9º concurso de tapas de Lugo


# Martes, 08/10/2013
O restaurante La Encina, que recibiu o primeiro premio, vai poder participar no concurso de tapas a nivel nacional 

Imaxe Asociada
 O Alcalde de Lugo, José López Orozco,  a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, e o presidente da Asociación Provincial de Empresarios Hostelerios de Lugo, Cheché Real, entregaron no salón de plenos do Concello os premios do 9º Concurso de Tapas de Lugo. 

Nesta edición, a segunda organizada pola Apehl co patrocinio do Concello de Lugo, participaron un total de 44 locais  que entre o 13 e o 30 de setembro, serviron tapas elaboradas especialmente para o evento. Así, repartíronse un total de 38.088 tapas e xerouse un volume de negocio superior aos 190.400 euros, co que se melloraron notablemente as cifras da convocatoria de 2012. 

López Orozco destacou que “debemos premiar a aqueles sectores que contribúen na divulgación da cidade e que fan posible que as persoas que nos visitan se queden asombradas coas tapas e menús que se ofrecen xa que para comer Lugo”.

De novo foi a clientela quen elixiu os gañadores e, de acordo co seu ditame, recibiron as placas conmemorativas La Encina, vencedor do concurso; o Verruga, como segundo clasificado; o restaurante España, como terceiro clasificado; o Paprica, gañador da categoría de tapa ecolóxica; e Casa d’Auga, gañador da categoría tapa con queixo Marqués de Cernadas. 

Ademais, segundo anunciou a Concelleira de Cultura, o gañador desta edición vai ter a oportunidade de participar no Concurso Nacional de Pinchos e Tapas de Valladolid, que se vai celebrar do 4 ao 6 de novembro entre os mellores cociñeiros de España.

Igual que os hostaleiros, tamén os votantes do certame foron obsequiados, xa que entraron no sorteo dun cruceiro polo Meditérraneo para dúas persoas, unha fin de semana en Londres para dúas persoas, estancias en hoteis, casas de turismo rural e balnearios da provincia, ceas en restaurantes lucenses, entradas a un parque natural e lotes de viño. Estes premios foron posibles grazas á contribución de varios establecementos hostaleiros e entidades colaboradoras coa Apehl na organización deste concurso, así como grazas ao Concello, patrocinador do evento. 

Cita co xurado técnico
O Presidente da Apehl, Cheché Real, tamén anunciou que os días 31 de outubro e 1 e 2 de novembro, un xurado técnico vai percorrer os dez locais máis votados polo público para catar as súas propostas culinarias e outorgar os premios de mellor tapa creativa, mellor tapa tradicional e mellor maridaxe con viño da Ribeira Sacra. 

Os dez locais candidatos son La Encina, Verruga, España, Mesón Colón, Paprica, A Nosa Terra, Manuel Manuel, Medievo, El Riba e La Barra, e todos eles volverán ofrecerlle ao público as súas tapas durante os tres días nos que os visiten os membros do xurado. Aquelas persoas que as proben e o certifiquen cos cupóns de participación que se farán ex profeso tamén entrarán no sorteo de varios agasallos.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova