Cargando....
Concello de Lugo
11/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Mañá terá lugar a Letra das Festas 2013 onde 12 persoas lembrarán o San Froilán na década dos anos 50, 60 e 70


# Mércores, 09/10/2013
Terá lugar no Círculo das Artes a partir das 19:30 horas e ao que están invitados todas as persoas que teñan curiosidade pola historia 

 A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, informa que mañá xoves 10 de outubro terá lugar a III edición da Revista de Literatura Oral en Vivo que se celebra durante as festas do San Froilán baixo a denominación de Letra das Festas 2013. Será no Circulo das Artes a partir das 19:30 horas.

Nesta actividade organizada por Antonio Reigosa e Isidro Novo membros da Sección de Literatura de Tradición Oral da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, intervirán persoas que rememoran as festas da capital lucense dos anos 50-60-70 do pasado século, con anécdotas relacionadas coas músicas, atraccións e espectáculos ou persoeiros das Festas do San Froilán.
 
Participarán doce persoas nacidas ou residentes en Lugo desde hai moitos anos:
 
- Adela Figueroa, profesora e escritora.
- Alfonso Blanco Torrado, crego e activista social.
- Xerardo Pardo de Vera, avogado, actor e antigo batería do histórico grupo de música pop “Los Pekenikes”.
- Manuel Pajón, músico, baixo desde 1969 a 1980 da “Calú 96”, histórica orquestra de Lugo que amenizou o San Froilán moitos anos.
- Mª Concepción López Fernández, que achegará lembranzas de cando era a nena.
- Pilar Yáñez Lombardía, foi mestra ata que unha enfermidade a deixou sen vista con apenas 49 anos.
- Felipe Arias, arqueólogo e historiador, director do Museo do Castro de Viladonga.
- Xesús Regueiro, responsable da Galería Sargadelos de Lugo
- Jorge Chao, directivo do baloncesto en Lugo moitos anos.
- Higinio Martínez Fernández de la Vega, funcionario xubilado, avogado, sobriño-neto de Celestino Fernández de La Vega.
- Suso Arrizado, antigo traballador na térmica das Pontes e en Alúmina, dedicado ao sindicalismo nacionalista desde mozo.
- Xosé López, mestre xubilado, natural de Guntín, que lembra as súas visitas ao san Froilán cando era neno.

Na parte musical interveñen Sito Sedes, unha das voces con máis personalidade da música galega do último medio século, acompañado ao piano por Sergio del Castillo, músico cubano afincado en Galicia desde 1994, que interpretarán temas de moda das décadas dos 50 e 60 do pasado século. A fermosa fotografía que ilustra o cartel de convocatoria deste acto (Comendo o polbo no San Froilán de 1970) é da autoría do veterano fotógrafo Carlos Valcárcel.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova