Cargando....
Concello de Lugo
12/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

A Xunta de Goberno Local aproba iniciar a contratación do servizo de ensinanzas deportiva e mantemento de todas as instalacións deportivas municipais da cidade


# Mércores, 09/10/2013
Luis Álvarez tamén informou que se aprobaron as obras de mellora no terreo de xogo do Ceao por valor de 240.837 euros

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O Voceiro do Goberno Local e Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente, Luis Álvarez, informou dos asuntos aprobados na Xunta de Goberno Local celebrada esta mañá. 

Os asuntos máis destacables son a apertura do procedemento de adxudicación para a contratación mediante lotes das diferentes actividades de ensinanza deportiva en todas as instalacións municipais deportivas da cidade. Así, no lote 1 no que se recollen as instalacións de as Pedreiras e o Polvorín, contrataranse os servizos de socorrismo, prestación ensinanzas deportivas, limpeza e mantemento da auga do vaso e o mantemento da instalación nas condicións esixidas ademais dos servizos de limpeza e vixiancia por un prezo máximo do contrato de 231.085,51 euros, ive incluido. 

Por outra parte, o lote 2, e que corresponde coas instalacións de Frigsa e outras dependencias municipais, e tamén teñen como obxecto do contrato a realización de actividades deportivas nas escolas municipais, servizos de socorrismo, e limpeza e mantemento das instalacións deportivas cun prezo máximo anual do contrato de 807.216,21 euros ive incluido. En ambos casos o contrato será de dous anos prorrogables a outros dous.

Luis Álvarez tamén destacou a aprobación para iniciar a adxudicación das obras de mellora no terreo de xogo e nas instalacións do campo de fútbol do Ceao, entre as que destaca as obras de mellora do sistema de drenaxe e a creación de novas canalizacións. O valor estimado do contrato é dun máximo de 240.837,49 euros, ive incluido e un prazo máximo de execución de catro meses. “En Lugo podemos presumir de ter moitas e de boa calidade as instalacións deportivas e con esta obra mellórase unha zona determinada para que tanto os xogadores do CD Lugo poidan entrenar como para outros equipos que precisen xogar neste campo de fútbol” segundo Álvarez.

Outro dos asuntos aprobados na Xunta de Goberno Local foi a revisión de prezos para a actualización do contrato suscrito coa adxudicataria da concesión de limpeza viaria, recollida de residuos e transporte para o seu tratamento. Desta maneira, os prezos quedarían da seguinte maneira, o Canon contractualconsiderando IPC xuño12-xuño13 polo que se aplica un 2,1% quedando fixado para o periodo xullo 13- xuño14 en 5.122.301,32 euros ive incluido. As ampliacións de servizo de recollida no convenio do ano 99 considerando IPC decembro11-decembro12 polo que se aplica un 2,9% quedando fixado o custe anual en 461.298,74 ive incluido. As ampliacións do servizo recollida no convenio do ano 2002 para o periodo comprendido entre 1 de xaneiro e 31 de decembro de 2013, e considerando o IPC interanual do 2,9% o custo anual quedaria en 44.446,40 euros ive incluido. As ampliacións do contrato que entreron en vigor no 2007: segundo a aplicación do IPC interanual marzo12-marzo13 que foi do 2,4% o custo anual ascendería a un global de 1.019.302,65 euros anuais ive incluido.
         
Tamén se acordou prorrogar o o contrato polo prazo de un ano coa empresa correspondente ao servizo de limpeza nos diferentes centros e dependencias municipais e nos colexios públicos. Desta maneira, apróbase o gasto de 976.525,01 euros anuais, ive incluido para o lote 1 (servizo limpeza en todos edificios municipais) e 796.916,85 euros ive incluido para o lote  2 (servizo de limpeza dos colexios públicos).

Finalmente, outro asunto de interse foi aceptar a ampliación da subvención do Fondo Sociel Europeo concedida polo Ministerio de Hacienda e Administracións Públicas, polo que se aprobaron os reparto de remanentes das axudas europeas e que supón un incremento de 171.440,16 euros que se corresponde co 80% do incremento total do proxecto en 214.300 euros, o que esixe un incremento no cofinanciamento municipal de 42.860 euros para o programa subvencionado polo Fondo Social Europeo Lugo Emprego Activo 2.

Escoitar audio:
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova