Cargando....
Concello de Lugo
24/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O próximo luns 14 remata o prazo para recoller os vales canxeables por material escolar de educacion infantil que concede o Concello


# Xoves, 10/10/2013


O luns 14 de outubro remata o prazo para recoller os vales para libros dos solicitantes aos que se lles concedeu as bolsas escolares de axuda para material escolar para o curso 2013-2014 de Educación Infantil. As persoas que non pasen a recollelo antes do luns día 14 quedarán sen dereito ao vale.

Os interesados en recoller o vale deberán acudir ás oficinas da Concellería de Educación que se ubica no Centro de Convivencia Uxio Novoneyra 3º planta. Deberán presentar o DNI do solicitante e a certificación onde conste que o alumno ou alumna está matriculado para o curso 2013-2014 e a indicación do curso e centro docente.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova