Imprimir

O PRÓXIMO LUNS 14 REMATA O PRAZO PARA RECOLLER OS VALES CANXEABLES POR MATERIAL ESCOLAR DE EDUCACION INFANTIL QUE CONCEDE O CONCELLO


10/10/2013

O luns 14 de outubro remata o prazo para recoller os vales para libros dos solicitantes aos que se lles concedeu as bolsas escolares de axuda para material escolar para o curso 2013-2014 de Educación Infantil. As persoas que non pasen a recollelo antes do luns día 14 quedarán sen dereito ao vale.


Os interesados en recoller o vale deberán acudir ás oficinas da Concellería de Educación que se ubica no Centro de Convivencia Uxio Novoneyra 3º planta. Deberán presentar o DNI do solicitante e a certificación onde conste que o alumno ou alumna está matriculado para o curso 2013-2014 e a indicación do curso e centro docente.