Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Comeza a nova programación de cursos de informática no Telecentro do Castiñeiro


# Xoves, 10/10/2013


A Concellería de Servizos Xerais e Participación Cidadá, que dirixe Manuel Núñez, abriu o prazo para inscribirse nos cursos que se celebrarán durante o mes de novembro no Telecentro do Castiñeiro. Para anotarse hai que chamar ao teléfono de atención cidadá 010 do Concello de Lugo.
 
Neste telecentro estase a realizar unha programación de cursos mensuais ó longo do ano. Durante o mes de novembro haberá cursos de Informática, Informática avanzada, Internet, Internet avanzado e LibreOffice. Tamén haberá un espazo de aula aberta de acceso libre para a cidadanía. Como novidade neste mes impartirase un curso sobre o SixPac.

No curso do SixPac o alumnado aprenderá a manexar o visor do Sistema de Información Xeográfica de Parcelas Agrícolas (SixPac), o cal é unha base de datos oficial de referencia para a identificación de parcelas agrícolas, de utilización obrigatoria en España para realizar as solicitudes das axudas directas da PAC e que requiran declarar superficies.

Deste xeito, o Telecentro do Castiñeiro conta cunha programación formativa dirixida a toda a poboación. Con iniciativas como esta o Concello pretende achegar a tódolos veciños e veciñas de Lugo o uso das novas tecnoloxías, ensinándolles as vantaxes da súa utilización nas súas prácticas diarias e os beneficios que poden proporcionarlles ás súas vidas.

Aquí podes a programación para o mes de novembro



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova