Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

López Orozco anuncia que no próximo pleno o Concello de Lugo tomará o acordo para que a Semana Santa ferrolá acade a denominación de interese turistico internacional


# Venres, 11/10/2013
O Alcalde de Lugo incidiu “na necesidade de seguir mantendo esta unión que favorece ás dúas cidades e apoiarse mutuamente para acadar os intereses”

Imaxe Asociada
López Orozco anuncia que no próximo pleno o Concello de Lugo tomará o acordo para que a Semana Santa ferrolá acade a denominación de interese turistico internacional

O Alcalde de Lugo incidiu “na necesidade de seguir mantendo esta unión que favorece ás dúas cidades e apoiarse mutuamente para acadar os intereses”

O Alcalde de Lugo, José López Orozco,acompañado por membros da corporación municipal recibiron a unha delegación do Concello de Ferrol encabezada polo seu Alcalde, José Manuel Rey Varela. Este acto que simboliza a irmandade entre ambas cidades e que se enmarca dentro das festas do San Froilán serve para estreitar os lazos ademais de que “é un acto entrañable e a pesar das circunstancias económicas e sociais sempre hai que repetir porque somos dúas cidades que temos unha amizade probada dende hai máis de 100 anos”.

López Orozco anunciou que “a Corporación Municipal do Concello de Lugo vai aprobar por unanimidade no próximo pleno un acordo para apoiar a solicitude do Concello de Ferrol para que a súa Semana Santa sexa declarada Festa de Interese Internacional”.  Neste sentido tamén se referiu a que “xa contan co apoio do Concello de Lugo para que tamén os castelos da ría de Ferrol sexan incluidos na lista de monumentos Patrimonio da Humanidade”.

Neste sentido, o Alcalde de Lugo, tamén lle pediu “que se una a esa peticion para recoller apoios para que a Riberia Sacra tamén sexa Patrimonio da Humanidade xa que nos beneficiaría a todos os galegos ao recibir máis turismo”.

López Orozco tamén se referiu aos tempos complicados que lles toca vivir aos concellos pero “somos un exemplo de como dous concellos que ao longo do tempo sempre fomos quen de buscar o que nos une e deixamos de lado aquelo que nos separa, e en Lugo coñecemos as vosas inquietudes, especialmente polo naval.”

Finalmente, López Orozco pediu ao Alcalde de Ferrol, na súa calidade de Presidente da Fegamp que “defenda os intereses dos concellos ata que se cambie a financiación dos mesmos para poder participar deles como fan outras administracións ademais de que se marquen claramente as competencias de cada unha das administracións”


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova