Imprimir

A CIDADE DE LUGO ACOLLE A PRIMEIRA E.ON NIGHT RACE SOLIDARIA O DÍA 2 DE NOVEMBRO POLA NOITE


14/10/2013 O obxectivo desta iniciativa é poñer en valor a actividades deportiva en familia e recolleranse donativos para Cáritas

O Concelleiro de Deportes, Jose Manuel Díaz Grandío, o director xerente de Begasa e responsable de E.ON en Lugo, Luis García Santalla, e o responsable deportivo desta proba, Andrés Novo, presentaron esta mañá a primeira carreira nocturna solidaria E.ON que se celebrará o 2 de novembro a partir das 19:30 horas. No acto, tamén estivo presente o director de Cáritas Lugo, Ginés Plaza, xa que durante a proba instalaranse urnas para que os participantes que o desexen fagan as súas donacións para esta asociación.

A E.ON Night Race, trátase dunha carreira nocturna na que se recollen aspectos tan importantes como o deporte en familia e a solidaridade, a través dunha iniciativa divertida e moi visual. Esta iniciativa, que se realiza baixo o lema “Ilumina tu ciudad”, non ten carácter competitivo, a inscripción é totalmente gratuita, e ésta pode realizarse a través do microsite www.eonnightrace.com .

A proba contará con dous circuitos, un dirixido aos máis novos e menores de 12 anos que terá un kilómetro de extensión, e outro para maiores que constará de cinco kilómetros e percorrerá ademais da Muralla, a Avenida Ramón Ferreriro e o entorno do Parque Rosalía de Castro. A parte orixinal será que todos os corredores levarán unha linterna frontal entregada por E.ON, que encherá de luz esta experiencia.