Cargando....
Concello de Lugo
24/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O San Froilán 2013 remata cun éxito de visitantes tanto nos concertos como polas rúas


# Luns, 14/10/2013
 As sesións vermú e o día do Maiores foron dúas das actividades máis aplaudidas por veciños e visitantes

Imaxe Asociada
 Aproximadamente 70.000 persoas disfrutaron dos diferentes concertos de música ao longo dos 8 días de festa

López Orozco destacou que se cumpliron as espectativas e os obxetivos marcados polo Goberno Local para facer “unhas festas de rúa”


O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, fixeron un balance das festas do San Froilán 2013 que remataron o sábado 12 de outubro e que, un ano máis, volveron a contar con numerosos veciños e visitantes.

Lopez Orozco destacou que “podemos dicir que son unhas das mellores festas de Galicia e que este ano rematamos un gran San Froilán no que o tempo nos acompañou e que se cumpliron os obxectivos que nos marcamos dende o equipo de goberno”. Así, destacou que se mantivo o espíritu de festa popular e tradicional, coa incorporación de novas actividades pola rúa, numerosas atraccións para as distintas idades, concertos para todos os públicos, moito ambiente nas rúas, e as actuacións musicais nos diferentes barrios da cidade.

Ademais, o Alcalde, tamén quixo “agradecer aos medios de comunicación o esforzo de divulgación que fixeron tanto en Galicia como en España” e quixo recoñecer “a importante contribución que fixeron ó éxito da festa moitos traballadores de distintos servizos do Concello como son os de Cultura, Policía Local e Protección Civil, eléctricos ou servizos de limpeza entre outros”.

Pola súa banda, a responsable de Cultura, Carmen Basadre, salientou que preto de 650.000 persoas disfrutaron ao longo dos 8 días de festa de máis de 150 actuacións diferentes. Así, calcúlase que só nos concertos houbo unhas 70.000 persoas destacando o peche das festas co grupo Love of Lesbian que logrou reunir a preto de 10.000 persoas. Outros concertos destacados foron o de Zombie Kids na Praza de Santa María, o de Vrásica e Obús, La pandilla voladora, Herdeiros da Crus ou Charo Reina. Tamén lembrou que máis de 40 grupos do todos os ámbitos musicais eran da cidade porque “cremos que estas festas son un bó escaparate para que se den a coñecer na cidade estes grupos formados por veciños e veciñas”.

En canto a cifras económicas, Carmen Basadre, explicou que “nestas festas o Concello tivo ingresos provisionais por valor de 550.000 euros, dos que 60.460 euros foron das aportacións de empresarios e particulares, e uns gastos inferiores aos do ano pasado que quedan entorno aos 670.000 euros”.

En canto á Oficina de Información Turística que se habilitou na Praza Maior recibiu a unhas 4.000 persoas que se achegaron durante toda a semana a recoller información e os diferentes museos recibiron a visita dunhas 1.000 persoas aproximadamente.

Carmen Basadre destacou que “nestas festas quedaron algunhas cousas claras que hai que repetir para a próxima edición como son as sesión vermú ou as actividades para nenos e nenas que tiveron unha gran acollida”.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova