Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo participa na inauguración das obras de rehabilitación da Ponte Romana


# Sábado, 19/10/2013
López Orozco explicou que “o barrio da Ponte conta cun atractivo turístico máis do que disfrutan veciños e visitantes e que suporá un impulso para a zona”

No acto, presidido pola Ministra de Fomento, Ana Pastor, destacouse a importancia e o novo valor que adquire esta ponte a nivel arquitectónico e histórico

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, acompañado por membros da Corporación Municipal, participou nos actos de inauguración das obras de rehabilitación da Ponte Romana de Lugo. O acto estivo presidido pola Ministra de Fomento, Ana Pastor, e o Delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez.

As obras, que tiveron un presuposto de 688.048 euros, estaban financiadas nun 75% con fondos do 1% cultural do Ministerio de Fomento, que se concedeu cando o seu ministro era José Blanco, que no seu momento comprometérase a financiar os traballos de rehabilitación da Ponte.

Para o Alcalde de Lugo, “ésta é unha obra moi importante para a cidade, porque supón a recuperación dunha Ponte de orixe romana, sobre a que tamén se traballou na Idade Media, no século XIX e a medidados do XX” e dixo que esta actuación “vainos permitir que poidamos recuperar unha parte da nosa historia, e potenciar a imaxe deste barrio turisticamente”.

As obras que se levaron a cabo e que estaban no proxecto foi á eliminación de beirarrúas e barandillas metálicas, a demolición dos pavimentos asfálticos e os seus accesos máis próximos para sustituilos por pedra e que resultasen máis acorde coas súas formas orixinais.  Ademais tamén se recuperou o perfil alomado para satisfacer necesidades topográficas, de estabilidade estrutural dos arcos 6 e 7, unha deficiencia que xa puxera de manifesto Ferro Caaveiro no século XVIII, e para soterrar as infraestruturas que teñen que pasar pola Ponte, eliminándoas da parte exterior.

Nestes meses que duraron as obras de rehabilitación tamén se repararon os danos na cimentación e limpáronse os paramentos ademais de dotala cun novo pavimento e a construción de pretís con mampostería. Tamén se instalou iluminación rasante da calzada con luminarias aloxadas no pretil  e a ambos lados da ponte para un mellor ornato nocturno.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova