Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Mañá comezan as presentacións en directo do CD Sons Lucus Records realizado por artistas lucenses


# Venres, 18/10/2013
A primeira das cinco presentacións deste CD terá lugar mañá sábado 19 de outubro ás 19:00 horas na Praza de Santa María

Mañá sábado 19 de outubro ás 19:00 horas terá lugar na Praza de Santa María a primeira das cinco presentacións en directo do CD “Sons Lucus Records”. Dito CD foi gravado, mesturado e materializado en EC Estudios e nel inclúense dez grupos do Concello de Lugo. Ten como finalidade dar a coñecer o traballo realizado polos artistas lucenses.

Nesta primeira presentación actuarán os grupos El Cuarto Pasajero e Kike Ganso, segundo informan a Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua e Sons Galiza Música, no seu afán de que os músicos lucenses poidan expoñer o seu traballo diante do público e con medios profesionais.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova