Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Sonia Méndez anunciou que 10 novos comercios reciben axudas do Plan Urban por valor de 100.000 euros


# Xoves, 17/10/2013
O total das axudas concedidas a través do Plan Urban para a mellora e creación de empresas  por valor de 1.400.000 euros

Imaxe Asociada
O Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, anunciou esta mañá que dez novos establecementos do centro histórico recibiron axudas do Plan Urban por valor de 100.000 euros dentro da liña de axudas para a creación de novas empresas.

Sonia Méndez explicou que estas dez novas empresas están situadas en diferentes rúas da casco histórico e que pertencen a sectores empresariais moi diversos, dende a hostelería, comercios de téxtil, consultorias ou incluso unha olioteca.  Ademais destacou “o enorme esforzo que fan estes emprendedores pola economía local xa que aportan como mínimo outro a metade das reformas co que o movemento económico que xeneran na cidade é moi importante aínda que o Urban lles financie a metade da inversión”.

O Plan Urban, financiado con fondos da Unión Europea e cunha aportación da Deputación de Lugo e do Concello, ten dúas liñas de axuda para empresas, unha primeira liña para melloras dos negocios xa instalados e unha segunda liña, para os novos establecementos.

A responsable da área económica sinalou que “ademais de para crear emprego estas axudas serviron para mellorar a imaxe do centro histórico xa que moitos deles estaban en mal estado e esta cuestión tamén incide de maneira positiva na economia local”.

Desta maneira, o Plan Urban, na liña de apoio para a creación de novas empresas leva concedidas dende o ano 2010, 35 axudas por improte de 268.000 euros, cos que se crearon 53 novos postos de traballo, a maior parte de mulleres, xa que se incentiva a súa contratación. O movemento económico foi importante porque se investiron na reforma dos locais e adecuacón dos mesmos 661.000 euros.

No caso da segunda liña de axudas, as adicadas para empresas xa creadas, salientar que se levan concedidas un total de 204 axudas por un importe de 650.000 euros para a renovación de espazos. Desta maneira, o investimento total que o Plan Urban levou a cabo en axudas para empresas no centro histórico foi de 1.400.000 euros.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova