Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O PreviLugo contará cun novo taller impartido por Paco Nieto sobre a importancia e o valor da voz


# Xoves, 17/10/2013
Carmen Basadre presentou tamén a programación da Casa da Xuventude para o próximo curso con 28 novos cursos

Imaxe Asociada
A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción a Lingua, Carmen Basadre, presentou esta mañá novas actividades dentro da área de Xuventude que se desenvolverán ao longo de todo o curso 2013-2014. Delas destacou como novidade a creación dun taller titulado O valor da nosa voz e impartido polo xornalista Paco Nieto, que tamén estivo na presentación.

O taller O valor da nosa voz creouse para ofrecer aos institutos e está dirixido a alumnos de ESO e BAC para que coñezan a historia dunha maneira distinta xa que nela se poderán escoitar voces descoñecidas pero de persoas que tiveron unha gran repercursión histórica como pode ser Castelao, entre moitos outros. “Trátase de que os mozos e mozas teñan unha visión diferente da historia e coñezan un pouco mellor os sons que nos rodearon algunha vez e se ten éxito ampliarase aos centros sociais” destacou Carmen Basadre.

Esta actividade está incluida nos obradoiros para o 2013-2013 do programa de prevención de drogodependencias PreviLugo e que está dirixido aos centros escolares co obxetivo da prevención, información e formación dos seus alumnos. Para este curso ofrécense cursos de Educación Afectivo-Sexual, Técnicas de Estudo, Resolución de Conflictos e Habilidades Sociais. Ademais tamén se van realizar charlas formativas sobre a boa alimentación, as redes sociais, o conflito ou o acoso escolar en todos os centros que o soliciten.

Programación Casa Xuventude
A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, tamén presentou a programación para o próximo curso da Casa da Xuventude e na que se desenvolverán 28 cursos dirixidos a mozos e mozas de entre 14 e 35 anos. Estas actividades teñen unha duración de varios meses e impartiránse de luns a venres en horario de tarde e das que destacan un curso de cociña xaponesa, curso de cociña árabe, elaboración de postres e cupcakes, taichi, aerobic latino, obradoiro de velas, iniciación ao alemán, preparación para o first, ou curso de retoque fotográfico entre outros. O único requisito para asistir é estar empadroado na cidade ou se non fose o caso, estar traballando ou estudando e inscribirse nas actividades na Casa da Xuventude. Os primeiros prazos para a inscrición rematan o 29 de outubro. Para máis información Casa da Xuventude.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova