Cargando....
Concello de Lugo
13/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O CEI-Nodus acolle a I Xornada de Liderado, Emprendemento e Innovación en Feminino


# Luns, 21/10/2013
Sonia Méndez explicou que terá lugar o mércores 30 a partir das 15 horas e sinalou “a importancia de dar a coñecer o traballo das mulleres en materia empresarial”.

Imaxe Asociada
A Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, acompañada pola Presidenta da Asociación de Executivas de Galicia, Carla Reyes, e a Vicepresidenta de Executivas de Galicia, Sonia Pazos, e a tesoureira e representante pola provincia de Lugo, Mónica Álvarez, presentaron a I Xornada Liderado, Emprendemento, Innovación en Feminino que se vai celebrar na cidade o 30 de outubro no CEI-Nodus.

Sonia Méndez agradeceu á Asociación que escolleran Lugo para facer este evento que “para nós é fundamental que se celebren  este tipo de eventos que son os que fan visible a actividade das mulleres e máis nun momento como o actual no que parece que a crise tapa toda a actuación a favor da igualdade e da promoción pública da muller”.  Ademais destacou que “é importante que a cidadanía coñeza todo o traballo que se está a desenvolver polas mulleres, neste caso, en dirección e liderado en Galicia”.

Pola súa parte, Carla Reyes, informou sobre o programa da Xornada do que destacou a participación de mulleres directivas como Eva Levy e no que as ponentes farán unha análise das claves necesarias para emprender, innovar e internacionalizarse en tempos de crise e cunha ollada especialmente enfocada ao emprendemento feminino.Este foro pretende ter un carácter permanente e itinerante polas cidades galegas.

Esta primeira xornada ten como obxetivo crear un foro para xerar debate sobre a economía, a innovación, o emprendemento e a internacionalización como base de crecemento e no que se aportará a visión feminina destes grandes retos. Ademais tamén se pretende xerar un intercambio de experiencias entre os asistentes e entidades que están marcando a diferencia en canto ao liderado, innovación, competitividade e a internacionalización.

Executivas de Galicia é unha asociación sen ánimo de lucro que representa a máis de 70 mulleres do ámbito directivo, empresarial e das profesionais autónomas de Galicia. O seu obxectivo prioritario é acadar máis visibilidade para o traballo e o papel da muller na sociedade galega e, de maneira particular, no eido empresarial.
lou “a importancia de dar a coñecer o traballo das mulleres en materia empresarial”.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova