Cargando....
Concello de Lugo
24/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo comprométese a convocar a comisión de seguimento para o cuartel de San Fernando


# Luns, 21/10/2013


Imaxe Asociada
O Concello de Lugo comprométese a convocar a comisión de seguimento para o cuartel de San Fernando

Así, o anunciou López Orozco, na reunión do Consello Económico e Social que evaluaba a situación de abandono por parte da Xunta de Galicia deste edifico BIC


O Alcalde de Lugo, José López Orozco, presidiu esta mañá unha xuntanza do Consello Económico e Social de Lugo para explicar aos representantes dos diferentes ámbitos sociais a situación do cuartel de San Fernando e as medidas que se van a adoptar.

López Orozco sinalou que “expliqueilles todo con papeis, como se fai sempre aqui, que a Xunta está incumplindo un protocolo asinado no 2008 e no que o Concello tiña a obriga de ceder a favor da Xunta a súa titularidade e esta de desenvolver o proxecto do Museo da Romanización e de conservación do edificio”. Neste sentido, o Concello de Lugo, fixo todos os trámites solicitados pola administración autonómica para  a cesión do edificio pero en ningún momento houbo resposta ata que a semana pasada anunciaron que non se farían cargo do mesmo.

Desta maneira, o Alcalde, anunciou que se solicitará unha reunión da Comisión de Seguemento, na que estén representadas ambas institucións, para que se valore a posibilidade de que a Xunta de Galicia faga as xestións oportunas para a materialización do Museo da Romanización no menor tempo posible, ben a través de fondos do 1,5% cultural do Ministerio de Fomento, ben a través de fondos Feder da Unión Europea ou con fondos propios da Xunta.

“Entendo que nun prazo curto de tempo non se poda realizar o Museo porque hai outras prioridades pero iso non significa que o abandonen e que un edificio Ben de Interese Cultural se atope nestas condicións” segundo o Alcalde.

Así, outro dos puntos desa reunión da Comisión de Seguimento, sería estudar as obras de consolidación que se deberán facer para manter o edificio e adiantarlle este proxecto á Xunta de Galicia xa que se lle encargou a Evislusa un informe coa avaliación inicial das obras que sería necesarias de maneira urxente  para evitar aínda máis o deterioro do edificio.

Outro asunto do que informou no Consello Económico e Social foi da presentación por parte do grupo de goberno unha moción para o próximo Pleno no que se inste á Xunta a facerse cargo do eficio asumindo a súa titularidade como se comprometeu no seu día, e a incorporar nos presupostos a cantidade necesaria para a consolidación e mantemento do antigo cuartel de San Fernando.

Un saúdo. CEI
GABINETE DE COMUNICACIÓN


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova