Cargando....
Concello de Lugo
18/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

López Orozco anuncia o comezo da primeira fase para a creación dun edificio de novas tecnoloxías na fachada este da Casa Consistorial


# Martes, 22/10/2013
Esta primeira intervención terá un presuposto de 88.111 euros no que se inclúe a demolición, nova cimentación e excavacións arqueolóxicas

Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, a Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, o Deputado Provincial, Álvaro Santos, e os arquitectos, Antonio de Vega e Eloy Calderón, presentaron esta mañá o proxecto do edificio de Novas Tecnoloxías e ampliación da Casa Consistorial.

Desta maneira, unha vez que os servizo municipais e Patrimonio deron o visto bó ao proxecto, é a Xunta de Goberno Local a que mañá aprobe o inicio da contratación da primeira fase que consistirá na demolición dos edificios, reforzar a cimentación e levar a cabo as excavacións arqueolóxicas pertinentes. Esta primeira fase terá un orzamento de 88.111 euros.

O Alcalde destacou que "esta ampliación é un feito  importante para a historia da cidade porque dende o século XVIII o Concello estivo intentado conseguir estes edificios anexos para introducilos dentro do que é o propio pazo”.  Neste sentido, tamén explicou que con este proxecto se favorecerán os servizos aos que os cidadáns van ter acceso no centro da cidade xa que “os espazos urbáns son para as persoas os desfruten”.

Pola súa parte, os arquitectos Antonio de Vega e Eloy Calderón, explicaron que optaron por realizar unha intervención que non supoña un cambio no ritmo da fachada senón que se fará unha continuación para que se integre na mesma. Este novo centro, que estará comunicado co actual edificio da Casa Consistorial, contará con dúas plantas. Na planta baixa estará un espazo de atención ao público e haberá equipos informáticos inalámbricos a disposición dos usuarios. Na primeira planta estarán as aulas de  reunións que se poderán prestar para xuntanzas de emprendedores e empresarios que carezan dun espazo físico para levalas a cabo. Finalmente, no baixo cuberta situarase un aula de formación para cursos ou actividades. Como novidade está que as tres plantas estarán en comunicación con diversos espazos abertos.

O equipo gañador do concurso de redacción do proxecto foi a empresa lucense Dvega Arquitectura, despois de que a súa propostas fose seleccionada por un comité de expertos. Nesta selección valorárase o mellor aproveitamento do edificio, simplicidade de funcionamento, custos de execución e mantemento, integración coa Casa Consistorial, accesibilidade e aforro enerxético a maiores dos esixidos pola lei.
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova