Cargando....
Concello de Lugo
22/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

A Xunta de Goberno Local aproba unha modificación orzamentaria dos remanentes por valor de 3.270.176 euros para a amortización da débeda


# Mércores, 23/10/2013
Luis Álvarez tamén informou que se aprobou o inicio da contratación da primeira fase das obras para a construción dun edifico de Novas Tecnoloxías na Casa Consistorial

Imaxe Asociada
A Xunta de Goberno Local celebrada esta mañá aprobou unha modificación orzamentaria por valor de 3.270.176 euros para amortización da débeda pública e que se pode facer grazas ao superavit e a boa situación económica do Concello de Lugo, segundo informou o Voceiro do Goberno e Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente, Luis Álvarez. Neste sentido tamén explicou que a Lei de Estabilidade Presupuestaria obriga aos concellos saneados a que parte dos remanentes que se podían investir en melloras e obras que redunden no beneficio común teñen que “dunha maneira inxusta para os concellos cunha boa situación económica como é o caso de Lugo investilos en pagar a débede pública”.

Luis Álvarez explicou que cando se fala da débeda dos concellos, o Goberno do Estado, aplica “unha falacia para xustificar a modificación da Lei de Bases do réxime local xa que os datos indican que o total da débeda pública das administracións públicas só un 4% corresponde a entidades municipais”. Ademais puxo como exemplo de “boa xestión como se autodefine o PP” das cidade de Madrid e Valencia, ambas gobernadas polos populares dende hai moitos anos, e que “ sen a débeda destas dúas cidades o total sería do 2,6%, asi que blanco e en botella” segundo Luis Álvarez.

Na Xunta de Goberno Local taméns e aprobou iniciar a contratación da primeira fase da obra do edificio destinado a novas tecnoloxías conforme o proxecto dos arquitectos Antonio de Vega e Eloi Calderón. Esta actuación está incluida no Proxecto Urban que conta co 80% de cofinanciación da Unión Europea a través dos fondos Feder. Nesta primeira fase preténdese a demolición dos dous edificios e consolidación dos muros perimetrais tanto en superficie como en cimentación e execución das excavacións arqueolóxicas necesarias para poder adaptar, segundo os restos que xurdan, a cimentación do edificio. O prezo máximo do contrato será dun máximo de 88.111,70 euros e un prazo de execución de sete semanas.

Outro dos asuntos aprobados foi a paralización da obra da 1º fase de rehabilitación do Vello Cárcere xa que unha das empresas que forma a UTE que a esté executando entrou en fase de concurso de acreedores e non é posible continuar esa obra con todas as garantias debidas. En todo caso, Luis Álvarez, adiantou que “si se pode confimar que existen conversacións o suficientemente avanzadas como para que outra empresa se faga cargo da continuidade destas obras de rehabilitación.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova