Cargando....
Concello de Lugo
16/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

A Oficina de Fomento Cooperativo situada no CEI-Nodus axudou a crear nun ano 9 cooperativas e 33 novos postos de traballo


# Mércores, 23/10/2013
O Alcalde de Lugo destacou a importancia de “non perder os ánimos e buscar novas fórmulas de emprendemento” nas I Xornadas de Fomento de Cooperativas

Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, inauguraron a I Xornada de Fomento e Desenvolvemento de Cooperativas que se celebrou ao longo da mañá no salón de actos do CEI-Nodus.

O Concello de Lugo, xunto co de Baralla, Becerrea e O Corgo, contan dende agosto de 2012 cunha Oficina de Fomento Cooperativo subvencionado pola Xunta de Galicia, e que neste primeiro ano de vida xa axudou a crear 9 cooperativas e 33 postos de traballo, un dato moi destacado en comparación cos postos creados polas outras quince oficinas existentes en Galicia.

López Orozco destacou que “a maior preocupación do Goberno Municipal é o traballo e por iso fomentamos a creación deste centro e destas oficinas porque sabemos que é moi importante estar ben asesorado para comezar un proxecto empresarial novo” ademais explicou que “os tempos son difíciles pero non debemos perder a esperanza e seguir apostando polas nosas ideas”.

Durante as xornadas, nas que estaban membros de diversas cooperativas e alumnos do IES Muralla de Lugo e do Politécnico, fíxose unha análise da forma xuridica de cooperativa, o autoemprego como unha saída laboral máis, a presentación da rede Eusumo e das oficinas de cooperativismo e rematou coa participación de membros de varias cooperativas que contaron as súas experiencias neste sector, como foron Galicloud S.Coop.Galega, Librephone S.Coop.Galega,Tu autoescuela  S.Coop.Galega, Coffee Park S.Coop.Galega ou Ancares de Meu S.Coop.Galega.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova