Imprimir

O CONCELLO DE LUGO NON SUBIRÁ OS IMPOSTOS MUNICIPAIS PARA O ANO 2014


24/10/2013 O Alcalde anunciou que o Goberno local tomou esta medida para axudar a desafogar as economías domésticas e das empresas

Sonia Méndez informou de que neste ano se amortizou máis de 10 millón de euro neste ano

O Alcalde, José López Orozco, e a Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, anunciaron esta mañá que o Concello de Lugo non subirá os impostos, taxas e prezos públicos o ano que vén “por un sentido de xustiza e solidariedade co momento que estamos a vivir”.

O Alcalde, fixo este anuncio nunha rolda de prensa na que tamén explicou que ademais de conxelar a carga impositiva ós contribuíntes manteremos as bonificacións que damos a familias numerosas, a vehículos ecolóxicos, obras de rehabilitación e incentivos para a creación de emprego.

“Un ano máis tomamos esta decisión porque somos conscientes da situación económica de moitas familias e, aínda que sexa un sacrificio para o Concello, non queremos exprimir aos cidadáns como están a facer a Xunta e o Estado” segundo explicou o Alcalde. “Cremos que non podemos seguir apretando aos nosos veciños deste xeito e por iso tomamos esta decisión que cremos que non vai afectar aos servizos que se ofrecen”.

López Orozco tamén sinalou que “este Goberno Local ten moi claras as prioridades sociais e temos moi claras que non imos facer ningún recorte nos orzamentos do anos que ven”. Neste sentido, sinalou que a Xunta está subindo todos os impostos e puxo como exemplo o anuncio dunha subida do 34% no recibo da basura debido ao gran déficit que acumula Sogama.

Outra das críticas foi á nova modificación da Lei de Estabilidade Orzamentaria que obriga aos Concellos a empregar o superavit en pagar créditos e non en facer inversións que melloren a calidade de vida dos veciños e veciñas. “É totalmente inxusto que nos traten igual a todos os Concellos e así aos que están aprisionados pola deuda si que deberían tomar unhas determinadas medidas pero para os que estamos en situación estable como é o de Lugo deberían deixar que os nosos remanentes se empreguen en investimento na cidade”.

Boa situación económica

Pola súa parte, a Concelleira de Economía deu conta da situación das arcas municipais que calificou de boa e da que salientou que “neste ano fomos quen de amortizar máis de 10 millóns de euros, dos que 5,7 millóns xa estaban previstos nos orzamentos e o resto correspóndese co superavit aprobado na Xunta de Goberno”. Neste sentido, tamén explicou que “penso que o mellor destino dese superavit sería para investimentos e non este que lle tivemos que dar imposto polo Goberno de España en contra do que pedimos todos os concellos unidos na FEMP”.

O Concello de Lugo amortizou máis de 10 millóns de euros neste ano o que significa que descendeu nun 27% e a finais de ano será de 28,3 millóns de euros. “Estas datos son moi positivos e moi por debaixo do que nos deixou o Partido Popular e que no seu momento ascendía a 52 millóns de euros” segundo explicou Sonia Méndez.

Sonia Méndez tamén denunciou que “se nos está esixindo unhas restriccións que non se aplican eles mesmos xa que, por exemplo, o señor Feijoo incrementou a débeda da Xunta nun 94% ascendendo hoxe a 9.300 millóns,” é dicir “case a duplicou a pesar de que sempre vende a mensaxe de que as administracións non poden gastar o que non teñen”.

“O mesmo podemos dicir do Estado que incrementou nun 28% a débeda recibida asi que con estes datos desmontan a teoría da boa xestión creada por Feijoo e demostra que en concellos como o de Lugo somos quen de xestionar eficazmente os rescursos e facer viable a actividade do Concello nos proximos anos”.