Cargando....
Concello de Lugo
26/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Carmen Basadre participa na entrega dos premios do concurso A enerxía das festas da carpa EON


# Xoves, 24/10/2013
Carmen Basadre participa na entrega dos premios do concurso A enerxía das festas da carpa EON

Imaxe Asociada
A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, e o director gerente de Begasa e responsable de E.ON en Galicia, Luis García Santalla, fixeron entrega dos diplomas aos catro gañadores do concurso A enerxía das festas durante o San Froilán.

Os catro gañadores do concurso, Joel Vázquez Gómez, Miguel Sánchez Pérez, Lucía Castaño López e Alexia Rey Amenedo, recibiron cada un un vale de 50 euros para a compra de material escolar ou libros.

Durante a entrega dos premios, Carmen Basadre, resaltou a importancia de que “empresas como E.ON, amosen o seu apoio ao Concello a través deste tipo de actividaes nas que se forma aos máis pequenos en aspectos como a eficiencia enerxética e o respeto ao medioambiente”.

Pola súa parte, Luis García, resaltou o compromiso de E.ON con Lugo, que segue contribuíndo a promover entre os máis pequenos os hábitos de consumo enerxético responsable e o respeto co medioambiente.

A iniciativa levouse a cabo durante as festas do San Froilán e nela participaron máis de 500 nenos e nenas con debuxos no concurso e atendéronse a máis de 4.000 nas diferentes actividades lúdicas.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova