Cargando....
Concello de Lugo
26/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello xa ten en marcha o proceso de recollida de propostas veciñais para a elaboración dos Presupostos para 2014


# Luns, 28/10/2013
As achegas poderanse facer a través do Rexistro, por correo electónico e na web do Concello www.lugo.es

Imaxe Asociada
O Concelleiro de Servizos Xerais e Participación Cidadá, Manuel Núñez, informou esta mañá que “unha vez máis o Concello de Lugo conta cos veciños e veciñas e comunicouselles ás diferentes asociacións veciñais que poden facer as súas aportacións para os próximos orzamentos do 2014”.

As suxestións que presenten tanto asociacións como colectivos de veciños poderanse presentar por escrito no Rexistro municipal, por correo electrónico e, tamén, a través da páxina web municipal www.lugo.es, na que está colgado un formulario para plantexar as suxestións.

Tamén se estudarán as aportacións que fagan grupos de veciños, tanto da cidade como da zona rural, sempre que se trate de peticións non individuais senón que dean resposta a unha inquedanza dun colectivo, aínda que non estean agrupados nunha asociación.

O obxectivo que se marca o Concello con esta iniciativa é darlle participación ós veciños e veciñas á hora de determinar as prioridades dos investimentos que farán as distintas Concellerías para o próximo ano, tanto no tocante a obras como a arranxos ou melloras nos barrios e parroquias de Lugo.

O Concelleiro de Servizos Xerais explicou que a Oficina de Participación Cidadá será a encargada de canalizar as propostas que serán trasladadas ás diferentes Concellerías e á área de Economía, que é a encargada da elaboración do proxecto de Presupostos municipais.
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova