Cargando....
Concello de Lugo
22/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Circuito Galego de Teatro Amador representará catro obras de teatro entre o día 31 de outubro e o 3 de novembro en Lugo


# Martes, 29/10/2013
As obras levaranse a cabo todos os días ás 20.00 horas no Auditorio Gustavo Freire e o custe da entrada é de 3 euros

Imaxe Asociada
A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, acompañada por Maria Márquez e Chelo Trinidad, membros da compañía Nova Escena Teatro, presentaron as obras que se representan en Lugo dentro do Circuito Galego de Teatro Amador.

Así, os días 31 de outubro, 1, 2 e 3 de novembro  diferentes compañías de teatro afeccionado, representan catro pezas teatrais de diferentes estilos e temáticas. O xoves 31 comezará coa representación de Non mer chames cariño se non o sintes da compañía do Barco de Valdeorras,Gargallada Teatro, e na que representarán historias encadeadas de amores e desamores aderezados co humor da compañía.

O venres 1 de novembro a encargada de poñer en escea 2155 é a compañía lucense Nova Escea Teatro, nunha obra ambientada no século XXII e na que a escasez de homes fará que un grupo de mulleres teñan que loitar para ser fecundadas todo dende un punto de vista moi humorístico.

O sábado día 2  a compañía Paso de Valverde de Arteixo interpreta a obra Sánatos que fará unha reflexión sobre o paso do tempo e as decisións que se foron tomando.

Finalmente, o domingo 3 de novembro péchase este circuito en Lugo coa representación de Morre un amor, quebra unha vida?da compañía Atrezo Teatro de Vigo no que se evalúa os efectos da violencia dentro do amor.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova