Cargando....
Concello de Lugo
18/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

Sonia Méndez presentou unha nova empresa do CEI-Nodus adicada á creación de guarnicións e salsas gourmet única en Galicia


# Martes, 29/10/2013
Na actualidade son 30 os novos emprendedores instalados en dependencias do Centro de Empresas do Concello de Lugo

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
A Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, acompañada polas emprendedoras Belén Fernández e Elena Fernández, presentaron unha nova empresa, Artesanal Conffeti, que se instalou recentemente nos laboratorios do CEI-Nodus.

Sonia Méndez explicou que “hoxe comezamos unha serie de presentacións que queremos facer de todos os proxectos creados por empensdedores e que se están instalando no CEI-Nodus xa que é interesante que se den a coñecer a toda a cidade de Lugo polo seu carácter emprendedor e pola posible creación de postos de traballo en diferentes sectores”.

Ademais a Concelleira incidiu en que dende o Concello se quere difundir este tipo de iniciativas porque é importante que se saiba o apoio que se dá aos emprendedores e para que eles transmitan eses proxectos de futuro cos que a cidade gaña en movemento e dinamismo económico. 

Pola súa parte, Belén e Elena, explicaron que o proxecto que puxeron en marcha está especializado na elaboración de guarnicións e salsas cunha base de viño tanto para acompañar comidas como postres. Comezaron esta andadura porque “como consumidoras atopabamos un espazo baleiro en canto a salsas de calidade gourmet e decidimonos a probar sorte neste mercado”. Ademais explicaron que van comezar cunha serie de menús degustación para que as persoas interesadas en comprar este produto coñezan as súas posibilidades en menús. 



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova