Cargando....
Concello de Lugo
26/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo vai poñer en marcha un programa de compostaxe doméstico na zona rural


# Mércores, 30/10/2013
Luis Álvarez tamén informou dos asuntos aprobados na Xunta de Goberno Local e do que destacou a demolición doutra edificación con declaración de ruína

Imaxe Asociada
O Concello de Lugo vai poñer en marcha un proxecto de compostaxe doméstico na zona rural, segundo o explicou o Voceiro do Goberno Local e Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente, Luis Álvarez. Así, na rolda de prensa, explicou que “en colaboración co Sogama vaise levar a cabo un proxecto para que cen familias da zona rural poidan  facer o seu propio compost na casa” segundo Álvarez.

“Trátase dun compromiso que adquiriu o Goberno Local co Medio Ambiente e unha maneira de contribuir á implantación deste sistema como medida de tratamento de residuos orgánicos especialmente na zona rural que teñen moito máis espazo para realizado que na cidade” explicou o responsable da área de Medio Ambiente.

Neste proxecto técnicos municipais informarán aos participantes das técnicas a levar a cabo a través do seguimento en todos os casos do traballo que se desenvolve nos propios fogares. Así, os cen participantes contará cun recipiente no que se levará a cabo a  fermentación controlada dos restos orgánicos que, unha vez elaborados, se poderán usar como abono no campo. 

Luis Álvarez tamén deu conta dos asuntos aprobados na Xunta de Goberno Local celebrada esta mañá e do que destacou a concesión de licenza de demolición para unha edificación da rúa San Xillao e do que destacou que “esta é unha boa noticia que estas demolición se leven a cabo porque corresponde a un edificio que no seu momento foi declarado en ruína e que vai a contribuir ao ormato urbano eliminando estas construcións en mal estado”.

Outros asuntos destacados foron a cesión temporal do posto 25 do Mercado de Abastos para a creación dun espazo de venda de produtos tradicionais e de degustación cun canon mensual de 119,15 euros, e o traspaso do posto número 57 da Praza de Abastos para adicalo á venda de produtos non perecedeiros, salados e legumes cun canon mensual de 151,57 euros.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova