Cargando....
Concello de Lugo
20/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

López Orozco animou aos alumnos a formarse e ser emprendedores na inauguración dos obradoiros de emprego VRBS LVCVS


# Xoves, 31/10/2013
Durante 6 meses formarase a 24 alumnos e alumnas desempregados na dixitalización de documentos e patrimonio

Imaxe Asociada
Esta mañá tivo lugar a sesión de inauguración do obradoiro de emprego denominado VRBS LVCVS que pon en marcha o Concello de Lugo coa financiación da Xunta de Galicia e na que participaron o Alcalde de Lugo, José López Orozco, a Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, a Delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias e o Xefe Territorial de Traballo, Alberto Linares.

O Alcalde de Lugo animou a todos os alumnos e alumnas a “aproveitar esta oportunidade de formación, nun área tan especializada, para ao sair do mesmo ter as capacidades suficientes de ser emprendedor e crear postos de traballo xa que é ao que todos aspiramos”. Ademais, tamén lembrou que “a colaboración institucional é fundamental para ofrecer máis oportunidades ás persoas que o están pasando mal”.

Neste obradoiro de emprego formarase e insertarase laboralmente a 24 alumnos/as traballadores nun periodo de execución de 6 meses e nos que aprenderán a conservar e facer unha posta en valor do patrimonio documental e historico do que dispón o servizo de arqueoloxía do Concello de Lugo.

O VRBS LVCVS ten unha dobre finalidade, por unha banda especializar ás 24 persoas desempregadas nas especialidades de Xestión de Documentos, Técnico en dixitalización de documentos e Técnico en dixitalización 3D do patrimonio. Por outra banda, desenvolverase un programa de reprografía dixital de seguridade para documentos de alto valor histórico, centrado na dixitalización da sección de obras e urbanismo do inventario do fondo documental do Concello de Lugo (séculos XIX e XX) e da documentación depositada no Servizo Municipal de Arqueoloxía en relación coas intervencións arqueolóxicas efectuadas na cidade de Lugo entre 1986-2012 que permita unha maior difusión a cidadanía da evolución histórica da cidade de Lugo.

O importe total da subvención é de 213.202,08 €,  que o Concello de Lugo apoia co importe económico de 6.000 €, e a cesión das instalación de aulas e equipamentos necesarios no CEI-NODUS.  Débese lembrar que para a solicitude do obradoiro de emprego, o Concello de Lugo solicitou o apoio ao proxecto dos axentes económicos e sociais con presenza no territorio: Deputación provincial, CEL, CCOO, CIG, UXT, Asociación de Mulleres Empresarias, COGAMI, USC, e todos eles manifestaron o seu apoio ao proxecto, reforzando deste xeito a candidatura presentada.
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova