Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo presidiu a tradicional ofrenda floral que fai a Corporación Municipal no Cemiterio Municipal


# Sábado, 02/11/2013
O martes 12 de novembro celebrarase o Concerto da Lembranza no que todos os que queiran participar poden facelo coa lectura de poesías ou adicando cancións

Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, xunto con outros membros da Corporación Municipal, realizaron a tradicional ofrenda floral con motivo do día de Defuntos, e que tivo lugar as 12.00 horas na fonte da vía principal do Cemiterio de San Froilán.

O acto de homenaxe e lembranza aos defuntos contou coa actuación de varias pezas de música clásica Stranniki..

Dende a Concellería de Servizos Xerais organizaron unha serie de actos con motivo da celebración do Día de Santos e da que destacan dúas novidades, a celebración do I Concurso fotográfico e unha andaina ao Cemiterio.
Así, mañá domingo 3 de novembro terá lugar a Andaina ao Cemiterio de San Froilán ao longo do Camiño Primitivo. Os asistentes estarán acompañados por unha guía que irá narrando os seus aspectos máis relevantes e de maior interese tanto do percorrido como do entorno do propio Cemiterio. Partirá ás 10:30 horas da Porta do Carme e pasará pola Ponte Romana e San Lázaro para chegar ao Cemiterio. O regreso farase de maneira gratuíta no bus urbán con parada no Cemiterio ás 13:00 horas.

Tamén está aberto o prazo ata o 5 de novembro para participar no I Concurso fotográfico sobre o Cemiterio Municipal, co cal se pretende dar prestixio e potenciar a imaxe do recinto do Cemiterio de San Froilán, e dos seus aspectos monumentais, paisaxísticos e incluso emocionais a través das “estampas de paz e acougo”. Cada participante poderá presentar un máximo de tres fotografías inéditas e orixinais para este evento; non poderán estar publicadas en calquera medio con anterioridade á data de convocatoria. As fotografías poderán realizarse pola persoa concursante no horario de apertura ao público do recinto.
As obras presentadas serán expostas no propio Cemiterio xunto cunha pequena mostra da colección de fotografías de cemiterios europeos que no seu día se expuxeran no MIHL.

Así, unha das actividades previstas será a realización do Concerto da Lembranza adicado á lembranza dos seres queridos, cuxos restos repousan no recinto. Para iso convídase a todas as persoas que queran participar no acto, mediante a lectura dun texto, dun poema ou sinxelamente dunha dedicatoria do repertorio que a coral interpretará. Para participar só haberá que chamar ao 010 onde a persoa intersada indicará se opta por asistir ao acto e ler un texto ou poema na honra do seu familiar ou persoa achegada ou se prefire dedicarlle unha das pezas do concerto.O acto celebrarase na capela do cemiterio o martes 12 de novembro e iniciarase coa lectura das dedicatorias de lectura de texto ou poemas, para continuar coas dedicatorias do concerto e coa interpretación do propio concerto pola coral Lugh.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova