Imprimir

O CONCELLO DE LUGO E ECOEMBES POÑEN EN MARCHA UNHA NOVA CAMPAÑA PARA FOMENTAR O CORRECTO RECICLAXE DOS ENVASES


5/11/2013 López Orozco destacou que coidando dos materias que se depositan nos diferentes contenedores contribúese ao coidado do medio ambiente

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, o Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente, Luis Álvarez, e o subdirector de Marketing de Ecoembes, Juan Alonso de Velasco, presentaron a campaña Impropios, que ten como obxetivo concienciar aos cidadáns lucenses da importancia de separar correctamente os seus envases no fogar. Desta maneira, contribúese ao reciclaxe dos mesmos e un mellor coidado do medio ambiente.

López Orozco manifestou que “unhas das maiores preocupacións é o medio ambiente xa que é o que deixaremos en herdanza ás futuras xeracións” e animou aos lucenses “a implicarse na recollida selectiva de residuos porque ademais de contribuir a conservación natural tamén se produce un aforro económico”.

O Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente tamén destacou as cifras de Lugo que entre xaneiro e agosto de 2013 recolleu case 24 millóns de kilos de basura “o que indica que cada un dos veciños e veciñas xera unha media de 1,008 kg de basura ao día aproximadamente”. A distrución por contenedores explicou que “foron case 1.303 toneladas de papel e cartón, 850.000 kilos de vidro e 479 kilos de pilas o que demostra a importancia de aumentar a porcentaxe da recollida selectiva” segundo Luis Álvarez.

O subdirector de Marketing de Ecoembes, Juan Alonso de Velasco, destacou pola súa parte que “queremos que os cidadáns de Lugo dispoñan de información suficiente sobre a importancia que ten o reciclado de envases. Separando correctamente os envases no fogar e depositándoos nos contenedores correspondentes, contribuirán a que estos teñan unha segunda vida e non acaben en vertedoiros”.

O principal obxetivo desta acción de difusión é concienciar aos cidadáns de que non só é importante reciclar  senón que hai que facelo ben xa que unha mala separación de residuos no fogar perxudica o reciclado dos envases e xera problemas no sistema de recollida. Por elo, a colaborición dos cidadáns e as diferentes campañas que se realizan nos colexios para os máis pequenos son fundamentais para dar unha segunda vida aos envases. Así, da reciclaxe de 80 latas de refresco pódese obter unha llanta de bicicleta, de 6 briks unha caixa de zapatos e de 40 botellas de plástico un forro polar.

Na campaña os protagonistas son os contenedores que, en primeira persoa, explican aos cidadáns que se acheguen a depositar os seus envases onde se deben deixar as latas, os briks, e os envases de plástico, que é no contenedor amarelo, e onde o papel e cartón que é no contenedor azul. Esta campaña, financiada por Ecoembes, ponse en marcha hoxe e estara presente ata o 2 de decembro nos principais medios de comunicación de Lugo.