Cargando....
Concello de Lugo
11/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concelleiro de Deportes presentou a XIV edición do Circuito Larsa Corre con Nós que este ano presenta algunhas novidades


# Xoves, 07/11/2013
Desta maneira, os participantes poderán saber o resultado da proba a través dun código QR que levarán impresos os dorsais dos participantes

Imaxe Asociada
As matrículas poderán facerse dende hoxe 7 ata o 19 de novembro a través da web Championchip Norte


O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, presentou hoxe a XIV edición do Circuito Larsa Corre con Nós, que inaugurará a temporada atlética lucense. No acto de presentación, o Concelleiro de Deportes estivo acompañado por diversos representantes das empresas patrocinadoras do evento, como Carlos Carballo de Divina Pastora Seguros, Jesus Méndez, representante de Caixa Rural Galega, Luis Lamas, Presidente de SOGAMA, María Sande, representante de Coca-Cola, e Manolo Castiñeira, do Clube Media Maratón.

Díaz Grandío salientou que “con este circuito o que se pretende é establecer hábitos saudables  entre a  nosa poboación, mantelos entre os que o teñen e facilitar que as persoas que non teñen como norma básica facer deporte se vaian involucrando a través destas actividades.”

Según anunciou o Concelleiro de Deportes, haberá un total de sete probas, que se disputarán ao longo do ano, intentanto superar as 10.000 participacións que tivo o ao longo do ano pasado. Neste sentido manifestou que este ano se realizan algunhas modificacións a petición de moitos dos participantes como por exemplo que para saber a posición de chegada e os resultados finais poderán facelo a través dun código QR, ou que os equipos deberán estar compostos nun mínimo de 4 homes e 4 mulleres.

Este ano tamén terá lugar a XI edición da carreira Lugo Monumental e inclúese un novo circuito que será no entorno do Paseo de Ombreiro. A primeira carreira será o domingo 24 de novembro nas Pistas de Atletismo Gregorio Pérez Rivera. O circuito distribuirase en sete carreiras puntuables para adultos e oito para os máis cativos.

As citas serán as seguintes:

Domingo 24 de Novembro - Pistas de atletismo Gregorio Perez Rivera
Domingo 22 de Decembro – XI edición da Lugo Monumental
Sábado 18 de Xaneiro de 2014 - Nocturna Monumental (Praza Maior)
Domingo 16 de Febreiro - Saamasas-Paseo de Ombreiro
Domingo 16 de Marzo - Barrio de San Fiz
Domingo 6 de Abril - Centro comercial As Termas Circuíto
Sábado 10 de Maio - Parque Recinto Feiral
Sábado 7 de Xuño- (Final Menores) - Pistas Atletismo Ciudad Cultural
Domingo 8 de Xuño - (Final Adultos) - Complexo deportivo Frigsa

As categorías menores que discorren entre os nados entre 1999 e 2009, competirán nas categorías Mini, A, B, e C, con distancias comprendidas entre os 500 metros e os 3 kilómetros. Para as categorías adultas, cuxas idades están entre os nados en 1998 e anteriores, as distancias variarán entre os 4,5 kilómetros e os 6,5 kilómetros, dependendo do circuito.

As inscripcións comezan hoxe xoves día 7 de novembro a través de Internet; na web de Championchipnorte para os adultos e rapaces. As inscripcións poderán realizarse ata o vindeiro día 1 de novembro.
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova