Cargando....
Concello de Lugo
12/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O recoñecido violinista Ara Malikian actuará no concerto do XIII aniversario da Muralla como Patrimonio da Humanidade


# Xoves, 07/11/2013
O dia 30 de novembro terá lugar o concerto gratuito e ademais haberá numerosas actividades coas asociacións de romanos e castrexos ao longo do dia

Imaxe Asociada
A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, presentou esta mañá as actividades que terán lugar na conmemoración do XIII aniversario da Muralla como Patrimonio da Humanidade.

Carmen Basadre destacou que “traemos actividades moi interesantes para celebrar estes 13 anos como Patrimonio da Humanidade, a única pena é que un ano máis a Muralla de Lugo vai a celebrar o seu aniversario a escuras xa que aínda non están colocadas as luces no adarve”.

Os actos comezan o sábado 23 de novembro co concerto de Los Gofiones no Auditorio Municipal Gustavo Freire a partir das 21.00 horas e que terá un prezo único de 10 euros.

Xa o día 30 de novembro entre as 17.00 e as 19.00 horas comezarán as actividades nas que participan as 10 asociacións de romanos e castrexos e que se situarán nas diferentes portas da Muralla para, ademais de dar información sobre a historia da mesma, tamén proporán divertidas actividades para todas as idades. Ao finalizar, ás 19.00 horas haberá un desfile polo adarve da Muralla de Lugo.

Ese mesmo día, ás 21.00 horas, no Auditorio Gustavo Freire, ofrecerá un concerto gratuíto Ara Malikian Ensemble baixo o título de Colores con entrada gratuíta e para todos os públicos pero o acceso será a través e invitacións que se poderán recoller na Oficina de Municipal de Turismo entre os días 27 e 29 de novembro en horario de 11.00 a 13.00 e de 16.00 a 17.30 horas.

O día 1 de decembro, Ara Malikian, tamén ofrecerá un concerto gratuíto para nenos e nenas menores de 12 anos na Caixa Negra do MIHL e no que fará un paseo polos Contos do Mundo. Ara Malikian é un dos máis brillantes e expresivos violinistas da súa xeración e posúe un estilo propio forxado a partir das súas orixes e das ricas vivencias musicais que conseguen unhas das voces máis orixinais e innovadores do panorama musical.

I Seminario de Jazz
A Concelleira de Cultura acompañada por Alfonso Muñóz de Fáfrica de Sons, presentaron o I Seminario de Jazz de Música Moderna de Lugo que terá lugar os días 12, 13 e 15 de novembro no MIHL e que contará con prezos especiais para os estudiantes da Escola Municipal de Música e para os Conservatorios.

Así, o martes 12 entre as 17.30 e as 19.00 horas, o guitarrista neoiorquino, Pat Martino, ofrecerá unha master class para os asistentes. O mércores 13 serán os compoñentes da banda Pat Bianchi os encargados de dar a coñecer os novos ritmos do jazz entre as 11.00 e as 14.00 horas. Por último, o venres 15 de novembro, o baixista galego Paco Charlín, ofrecerá unha master class entr as 17.00 e as 18.30 horas.

Para inscribirse hai que facelo a través do teléfono 982801976/ 639428911 ou no correo seminariodejazzlugoarrobagmail.com
Escoitar audio:
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova